![xviii-carreira-a-pc3a9]()
A vila carnotá de Lira acollerá na xornada deste venres, 13 de agosto, a XVIII Carreira a Pé de Lira. A carreira está organizada pola Asociación Cultural Canle de Lira. Dará comezo ás 18:00h, e as distancias irán dende os 350 metros ata os 7.351, en función da categoría. Para inscribirse, hai que dirixirse a Mar de Lira dende as 17:00h.
En canto ás categorías, os prebenxamíns comezarán ás 18:00h correndo 350 metros. Ás 18:00h será a quenda para os benxamíns, que terán que correr 350 metros tamén. Dende as 19:00h tocaralle aos alevíns, que percorrerán 1386 metros. Os infantís correrán 1851 metros dende as 19:30h. Os cadetes farán 3518 metros dende as 20:00h e xa ás 20:30h, pecharán o día os xuvenís, seniors, e veteráns, con 7351 metros a percorrer.
Ao final das carreiras entregaranse os trofeos e as medallas aos gañadores. Logo haberá música e unha sardiñada para coller folgos.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Asociación Cultural Canle de Lira.