sábado. 15.03.2025
El tiempo

Ruralismo 3.0 / 14:

  • Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
  • Fotografia: Antonio Nodar.
  • Texto: Nando Lestón.
Maria Jose, Carmen y el Señor Jose do Firma delante de la puerta de su casa en la aldea de Baiñas
Maria Jose, Carmen e Jose do Firma diante da porta da súa casa en Baíñas
Ruralismo 3.0 / 14:

A lus inunda a fachada da vivenda dun ochenta e dous, case desborrado, onde vive a Familia do "Firma". A lus inundao todo menos a sua central intimidade; nunha total escuridade, onde a cámara de Antonio non entra, a vida do que non vemos, acontece.

Pero hoxe esta familia está na porta, nun día calquera.

Observamos ás dúas mulleres nunha posición completamente distendida, apoiadas, unha na parede e outra debaixo do dintel da entrada á súa casa, máis el, O Firma, está ausente do que acontece diante del.

Na imaxe aparecen as persoas e as cousas.

Quero adiviñar a situación.

Polas roupas que todos visten, de telas lixeiras e cos brazos e pernas ao descuberto e o tipo de calzado, intuímos que fai bo tempo, posiblemente xa estamos no verán.

A nena da esquerda, coidamente vestida de liñas e cadros, loce unha longa melena escura. Aparentemente está atenta á súa nai e polo sorriso que esboza, algo gracioso ou simpático acaba de acontecer. Ten unha posición de descanso, sobre un dos pés, que lle dá un carácter desenfadado, que pouco a pouco vai trocando de nena a adolescente, delgada e estilosa.

Aparenta felicidade e inmortalidade,ten toda a vida por diante.

A nai é a persoaxe central, isto seguro non é unha metáfora.

Vai vestida de roupas claras e lixeiras, bastante moderna e con gusto. Así e todo o "batín" queda semioculto polo mandil que a devolve ao lugar dos quefaceres da casa. A súa inclinada posición aporta movimento á imaxe, debuxando unha sinxela diagonal, pero abondo para que repercuta en toda a escea. É unha muller que se coida e mesmo poderiamos fantasear ca idea de que non fai muito que pasou pola perruquería, aínda que semellante atrevimento pola miña parte, non pode quedar sen castigo.

A señora da casa é a única que lle presta atención a Nodar, regalándolle un despreocupado sonriso de ollos, ao estilo Baíñas, ou sexa, sen pasarse.

Observamos nas dúas mulleres unha curiosidade na postura. Ámbalas dúas erguen o brazo esquerdo, arrimando a man á cara e ca muñeca e dedos sutilmente doblados, un pequeno detalle que reforza de novo o escaso movimento. Podemos interpretalo tamén como un sinal de certa inseguridade fronte á cámara. Tampouco observamos nestas dúas feminidades ningún tipo de adorno, agás un case invisible anel na man dereita da Ama da casa.

O Firma pola contra, está ausente.

Ca mirada baixa, de certa preocupación, fai que fai algo para non mostrarse espido diante da cámara, para protexerse da mirada discreta de Antonio e distraese a si mesmo. Isto que digo está reforzado pola postura na cadeira, ca cocha baixa, perfil baixo... baixa exposición.

Pola composición a imaxe ten certo peso do lado dereito; hai duas persoas e ademais acumulación de obxetos. Un deses obxetos ten un significado claro, ou ben o Firma é albanel ou está facendo arreglos na casa, pois a pala apoiada na parede semella un persoaxe máis e debuxa unha liña compositiva ata a cabeza da Dona.

É interesante a silla valdeira, centraliza un espacio vacio e ca toalla, descoidadamente abandonada, atrevémonos a interpretala como unha "natureza morta" que crea fogar.

Delicioso intre a mediados-finales dos 80 que nos mostra Nodar, a familia abandonada a un intre onde nada pasa e pasa porque é un momento sereno, de estar a porta partillando entre eles e con calquera que pase por diante. Un escaso intre de lecer. Unha familia como a miña, a túa ou outra. Para min a forza desta fotografía está niso, na humildade e sinxeleza do ser e estar e, cando as dúas coínciden, nada é máis forte e por suposto, nada é máis efímero.

  • Fotografia: Antonio Nodar
  • Texto: Nando Lestón

 

Ruralismo 3.0

 

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

Outras historias de Antonio Nodar

Comentarios