Monte Pindo Parque Natural apoia a manifestación polo saneamento do Pindo
09:11 21/12/17
Este sábado 23 de decembro a partir das 17:00 horas o pobo do Pindo sae á rúa para protestar contra o problema de contaminación que desde hai anos vén afectando á praia de San Pedro (O Pindo) derivado de verquidos domésticos e fecais sen depurar.
Espérase unha gran acollida de xente, pois os veciños organizadores van recibindo o apoio de diferentes entidades, como a Pedramar ou a Asociación Monte Pindo Parque Natural.
A entidade lembran que o Pindo "xa ten avanzada boa parte da súa rede de saneamento mais por problemas administrativos a entrega da obra e por tanto a posta en marcha do servizo parece perpetuarse", por iso piden que a Xunta e a Augas de Galicia aceleren as xestións para a posta en funcionamento da conexión á EDAR municipal que acabe definitivamente cos problemas de contaminación na praia de San Pedro.
Novas relacionadas
- 18-12-17: Os veciños do Pindo manifestaranse polo seu saneamento.
- 18-11-19: O Pindo segue pendente do saneamento e da reconstrución dun mallado paseo marítimo.
- 10-10-17: Unha analítica das augas residuais do Pindo demostran a necesidade de acometer o novo saneamento.
- 18-09-17: Co cú ao aire fronte a falta de saneamento no Pindo.
- 04-09-17: O Pindo mobilízase contra os cheiros.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).