Monte Pindo: Pasto de cabras ou coto de caza?


Continúa a Asociación Monte Pindo Parque Natural rebuscando no baúl das lembranzas do monte costeiro. E son moitas as cousas que veñen descubrindo, deixando claro o valor patrimonial e etnográfico deste monumento natural.
Desta volta publican un artigo do veterinario catalán Juan Rof Codina (1874-1967). Afincado en Galicia, volcou a súa vida na mellora da agricultura e da sociedade labrega baseada nun cambio na mentalidade do agro galego.
Concretamente, no nº 5 do Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía, Rof Codina describe como na "inhabitada mole de piedra" (...) "entre sus riscos viven durante todo el año varios rebaños de ganado cabrío, que aprovechan los musgos y hierbecillas que crecen entre las oquedades de aquellos abruptos peñascos.
Esta afirmación vén sendo moi significativa para a entidade, despois de coñecer a intención do voceiro do PP e alcalde en funcións, José Oreiro, de convertir o Monte Pindo nun coto de caza maior.
Novas relacionadas
- Os autocaravanistas volven facer de Lombáns o seu punto fetiche.
- O Monte Pindo volverá ser o punto de Encontro.
- ADEGA e MPPN califican de delito ecolóxico a creación dun coto de caza maior no Monte Pindo.
- Abrindo novos sendeiros no Monte Pindo.
- O Monte Pindo é o protagonista dunha campaña publicitaria de Iberia.
- Quen é o que non quere o Parque Natural Monte Pindo?.