Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Muros celebra esta fin de semana un Mercado Ecolóxico con produtos da zona

Muros celebra esta fin de semana un Mercado Ecolóxico con produtos da zona

O Concello de Muros organiza para esta fin de semana a novedosa 1ª Feira MercadoActivo de Muros, que adicará esta 1ª edición ao mel e alimentos ecolóxicos, e a artesanía (oficios tradicionais) de proximidade. O Concello contará coa única cooperativa de Agricultura Ecolóxica da zona, como é a activa Raínha Lupa de Quilmas.

Onte tiña lugar a presentación no fermoso Mercado de Muros, i é que un dos obxectivos do mesmo é dinamizar o edificio. Alí estiveron Lucía Ferreira e Xosé Manuel Casais representantes da Cooperativa Agraria Ecolóxica Raiña Lupa; Santiago Seijas: representante dos praceiros/as do Mercado Municipal; Laura Eiras: Concelleira de Cultura, Deporte, Educación e Xuventude; e Domingos Dosil: Alcalde do Concello de Muros.

A fin de semana constará dunha charla para o venres 18 de marzo, que versará sobre os productos tranxénicos e visionarase un documental sobre a problemática da acuicultura do salmón. O mercado do sábado 19 de marzo contará con máis de 30 postos con produtos artesanais (madeira, coiro, cerámica…), productos do agro, catas e obradoiros…

Consumo local

O consumo será o protagonista e este mercado nace para aportar diversidade e productos locais frescos e transformados a lo menos unha vez ao mes, para voltar a ver @s consumidores/as e labreg@s xuntos, retomando a relación directa que tiñan antes con todas as ventaxes derivadas:

  • Percatarmos de que un pequeno xesto cotián pode influir no desenvolvemento do noso municipio e veciñ@s, solucións locais para problemas globais, e que o consumo non é un feito inocente;
  • Redescubrir a orixe e temporalidade das hortalizas e polo tanto dos ritmos que marca a natureza na nosa contorna;
  • Recoñecer os sabores e saberes case esquecidos mediante as apostas de cultivo de variedades autóctonas ou tradicionais e descubrir que para obtelos en cantidades abondas, non é preciso deteriorar o medio ambiente de forma irreversible ou insustentable;
  • Aproveitamento de instalacións públicas comúns que proporcionan o marco adecuado para potenciar as relacións entre as persoas, creando un espazo e un ambiente evolutivo, constructivo e diverso.
  • Aposta pola conservación do medio ambiente e pola defensa da forma de vida rural; pola liberdade de poder escoller a orixe e a calidade dos nosos alimentos e de poder producilos dunha forma autónoma.

Programa 1ª Feira MercadoActivo Mel, alimentos ecolóxicos e artesanía de proximidade.

Venres Día 18

  • Ás 19:30h na Casa da Cultura de Muros
    - A xornada rematará ás 21:30h.
    - Charla/ debate sobre organismos xenéticamente modificados (OXM). Fins Eirexas- Seretario Executivo de ADEGA.
    - Proxeción do filme "Salmonopoly" dirixido por Wilfred Huismann sobre a produción de salmóns en gaiolas na costa sur chilena pola multinacional Marine Harvest, e trata tamén as investigacións e experimentacións que se están a realizar con salmóns transxénicos para a piscicultura. Este documental escolléuse por ser unha problemática de actualidade que afecta ás rías galegas e a diversas poboacións costeiras pola implementación inminente do Plano Acuícola aprobado pola Xunta de Galicia.
  • Sábado Día 19:
    - De 10:00h a 14:00h e de 16:30 a 19:30h no Mercado de Muros haberá indicadores dende a estrada xeral para chegar ao edificio do mercado que está no casco histórico da Vila.
    - 9:00h- Instalación dos postos.
    - 10:00h- Apertura ao público con Cata de mel galego e Obradoiro/mostra de cesteiría;
    - 14:00h- Peche para o xantar;
    - 16:30h- Apertura e Obradoiro mostra de olería. ;
    19:30h- Peche.
  • Na organización deste evento están a colaborar as seguintes persoas e entidades, aprobeitamos para agradecerlles a súa implicación e compromiso a AGA, ADEGA, Carme e Santi, Concello de Muros, Cooperativa de Consumo Responsable Zoca Miñoca, Fins Eirexas, Laura, Lupe e Klaus, Martiño Fiz, Plataforma Galega Antitransxénicos, Praceiros do Mercado de Muros.

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Nota de prensa do Concello de Muros e de Rainha Lupa.

    Comentarios