Muros e Carnota reciben axudas para aforrar enerxeticamente
De novo a Xunta quere amosar o beneficio para os concellos do canon eólico, e tras presentarnos as axudas que recibiron os Concellos de Camariñas e Ponteceso, hoxe imos ata Carnota e Muros para descubrir cales son as actuacións de eficiciencia enerxética que se van realizar a través do Fondo de Compensación Ambiental.
Redución de lumeado
Tamén o concello de Carnota destinou a axuda de 79.259 euros a mellorar o aproveitamento enerxético e reducir o consumo das luminarias do municipio, co fin de fomentar o aforro de enerxía e reducir os custes. Para iso, o concello acometeu a regulación do nivel de iluminación nas liñas eléctricas, nas que se tamén se estableceu un sistema de control do acendido e apagado das lámpadas e se substituíu a maior parte das luminarias por outras de menor potencia.
Dous vehículos para Muros
Por unha banda, Muros destinou parte da subvención recibida de 74.242 euros á adquisición de dous vehículos dedicados á protección do medio ambiente e do espazo natural, o que lle permitirá ao concello a realización de labores de prevención e extinción de incendios forestais e mellorar o equipamento destinado ao servizo de Protección Civil.
De igual xeito, parte destes fondos serviron para acometer un proxecto de eficiencia enerxética do alumeado público na área denominada Muros-Mercado.
Novas relacionadas
- Ponteceso e Camariñas melloran o lumeado público.
- A Reserva Mariña de Lira volve ao Parlamento.
- Denuncian que as gaiolas de salmón puideron traer un molusco invasor.
Fonte
- Xunta.