xoves. 01.05.2025
El tiempo

Muros mobilízase polo Rexistro

Muros mobilízase polo Rexistro
Concentracion Rexistro Muros

Unha e outra vez ten que saír á veciñanza da Costa da Morte á rúa para alzar a voz. Lembrando aquela primeira batalla gañada polo Partido Xudicial de Corcubión de 2014, desta volta é Muros a que se vai manifestar en defensa do seu Rexistro da Propiedade, unha vez que o goberno estatal pretende realizar novos recortes no sistema e integrar a oficinal muradá na de Corcubión.

O Concello ten convocado unha Concentración Veciñal para este sábado 13 de maio, ás 11:30h, na Lonxa Vella, baixo o lema “O Rexistro da Propiedade querémolo en Muros”.

Veciños de Muros, pero tamén de Mazaricos, Outes, Muros e Carnota, están chamados a esta reivindicación en contra do desmantelamento continuo dos servizos públicos dun xa precario Estado de Benestar.

Os primeiros en confirmar a súa presencia son os membros do BNG Muros e Noia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios