Venres. 29.03.2024
El tiempo

A música voltou soar

Ambientazo no Orballo CUltural de Portocubelo-Carnota
Ambientazo no Orballo Cultural de Portocubelo
A música voltou soar

Volveu a música esta fin de semana á Costa da Morte. Non o fixo en clave de verbena, que semella que este verán aínda non vai dar para ver á Panorama. Pero si en formato concerto, sentado, e con distancia de seguridade. O Orballo Cultural comezaba as súas citas costeiras para este verán (en ata 4 localizacións, por agora) en Portocubelo.

Teremos, iso si, que agardar para escoitar a Verto (cos que falabamos o venres) e compañía, pois por segunda vez, a cita do Forum Carballo tivo que ser adiada pola chuvia. En breve enviarán un comunicado coas novas datas para as días findes programadas no seu día con xentes como as Tanxuegueiras, Sés, Verto ou Momboi….

Festón en Lira

A banda carballesa Apart e os míticos MClan fixeron as delicitas de toda a xente que se anumou a achegarse ao porto de Lira (Carnota), nunha sesión espectacular, coa xente entregada, pasándoo en grande bailando e saltando dos seus asentos. A calidade das bandas así o requería, e mesmo Carlos Tarque, mítico membro do dúo murciano, na súa saída ao escenario recoñeceu a calidade da "mezcla de soul e rock" dos carballeses.

MClan en Portocubelo
Os MClan

O domingo, a sesión vermú foi divertidísima, cos The Rapants, unha das bandas que máis emerxe do panorama pop muradán; e con Monolious Dop, a divertida parella noiesa que fai as delicias e as risas dos espectadores.

Monolious Dop en Portocubelo no Orballo Cultural
Monolious Dop en acción

Concertos de San Xoán e de San Pedro

A música tamén chega en formato concerto a través das festas. Así aconteceu nas de San Xoá de Carballo, cos concertos de varias bandas locais:

E así acontece no San Pedro de Muros e Santa Comba. En Muros xa abría a veda a banda local Deleiba, e pasarán polo escenario da praza do Curro estes días Garufa Big Band e María do Ceo.
Por Santa Comba, nada menos que as Tanxugueiras estarán no Campo da Feira.

Novas relacionadas

Comentarios