Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Nando Lestón expón as súas creacións en Stoupa

Nando Lestón expón as súas creacións en Stoupa
nando-leston-estoupa A galería turística Stoupa de Cee acolle durante o mes de outubro a mostra "MaterMateria" de Nando Lestón Despois do paso das fotografías de Marcos Rodríguez, chega unha nova exposición á galería turística Stoupa de Cee. Así, durante o mes de outubro o polifacético Nando Lestón expón parte dos seus traballos nunha mostra que bautiza como "MaterMateria". Naceu en Canedo - Carnota -, formouse na Escola santiaguesa Mestre Máteo e ten detrás de sí unha longa traxectoria artística. A súa colección "MaterMateria" resume perfectamente o rumbo que tomou a súa carreira fai xa uns 10 anos. Como el mesmo conta, despois de ter obtido o éxito co seu arte, decidiu fuxir da presión da súa profesión e volver ao orixe, que el asocia á terra que o viu nacer e no que se criou. Fixo dese territorio no que vive a despensa coa que nutre a súa arte, convertendo a area da praia de Caldebarcos ou os aros de nasa nuns elementos esenciais das súas obras, converténdoos na súa mater materia. exposicion-nando-leston-stoupa Nando Lestón emprega elementos da Costa da Morte, como a area de Caldebarcos, para as súas creacións No acceso á mostra destaca poderosamente unha das obras mais emblemáticas do artista carnotán, a renovada escultura "MAN”, creada polo artista carnotán para visibilizar a entrada da galería Stoupa e simbolizar a esencia da Costa da Morte, inspirándose , como o seu propio nome indica, no lembrado artista alemán de Camelle, Manfred Gnädinger. A mostra pódese visitar durante todo o mes de outubro de luns a sábado en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas.

Máis novas

Fonte

Comentarios