Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Beach Party Carnota converitá Lariño na Ibiza Galega

O Beach Party Carnota converitá Lariño na Ibiza Galega
Cartel do Beach Party Carnota 2012

Xa nolo contaba Andrés Fábregas, un dos organizadores: Este Beach Party Carnota vai ser brutal. E xa está todo en marcha. Esta fin de venres 27 e sábado 28 de xullo de 2012, o Faro de Lariño convertirase nunha verdadeira Ibiza Ghallegha.

Espéranos a primeira cita electrónica de verdadeira referencia da Costa da Morte, con ducias de djs de primeira, e moito, moito deporte. Unha combinación perfecta, a música electrónica e os deportes acuáticos, para convertir Carnota nun verdadeiro paraíso.

BCP SUN e BCP Moon

Así haberá sesións de día e de noite. Polo dia, baixo o "sun" poderemos disfrutar de deportes como o surf, o kitesurf, fútbol praia (organizado pola Punta Insua e Asaghieiras), body, paddleboard... Ademais terá protagonismo especial as 7 bravas do Shark Girl Surf Team. E como non, o meirande embaixador de Carnota, o campión mundial de kite, o carnotán Abel Lago.

Pola noite, "under de moon", a música tomará o relevo. Chegarán djs, escollidos pola xente de MDProject, de Canarias e tamén de Santa Comba para trasladar o festón dos sábados xalleiros a Carnota.

Haberá promocións de 2x1 ata a 1:00h e xa poden conseguir entradas pola rede.

Así que xa saben: #NosvemosenCarnota.

Máis información do Beach Party Carnota 2012

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Comentarios