Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG de Carnota denuncia o peche definitivo do Centro de Día en medio do proceso xudicial

O BNG de Carnota denuncia o peche definitivo do Centro de Día en medio do proceso xudicial
A Xunta pecha o Centro de Día de Carnota

No medio da marea de confltos laborais que sofre Carnota, volve á actualidade unha vella problemática. O peche do Centro de Día, do que dabamos conta aló por maio, volve á palestra da man do BNG, que denuncia que o "PP clausura o Centro de Día de Carnota ignorando a paralización cautelar que reclamou xudicialmente o Concello", estando "admitida a trámite a denuncia do Concello contra o Consorcio por clausurar o Centro vulnerando o convenio vixente".

O caso é que o referencial Centro de Día de Carnota está baleiro desde onte. Moito antes de que os xulgados diluciden a legalidade da decisión da Xunta no senso de clausurar este servizo público fundamental para moitos veciños de Carnota e mesmo alén, pois ao ser o único Centro de Día da bisbarra acollía usuarios ata de Fisterra.

Consideran dende o BNG que "a Xunta vén de clausurar na xornada de onte o Centro de Día privando aos veciños deste servizo público de proximidade pioneiro na bisbarra, rompendo unilateralmente un Convenio que ten vixencia ata o 2015". E avisan que "detrás do seu traslado a Muros agochan que ese novo centro só dará cobertura aos usuarios que xa están atendidos actualmente en Pedramarrada, e que eles e as súas familias xa expresaron o seu desexo de permanecer en Carnota".

Así, entenden que "a Xustiza admitiu a trámite unha denuncia do Concello de Carnota contra o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, pedindo a paralisación do traslado (ou cando menos cautelar ata que saia a sentenza) e esixindo, en todo caso, que se este traslado finalmente chega a realizarse a Xunta debe indemnizar ao Concello de Carnota por todos os gastos que lle supuxo ata hoxe o mantemento dunha instalación para finalmente clausurala a Xunta de xeito unilateral".

Problemas no Centro

Fan dende o BNG unha crítica directa: "O acoso laboral apoderouse do Centro de Día antes de ser deslocalizado. Pese a ser a única instalación pública deste tipo entre Cabana de Bergantiños e a Serra de Outes, e ao seu funcionamento exemplar, os problemas no Centro de Día de Pedramarrada (Carnota) foron constantes pola tensión laboral derivada da actitude déspota nos últimos anos da directora do Centro".

E contan a historia do "último episodio foi o recente despido dunha traballadora, veciña de Canedo, "por non pasar o período de proba", despois de desenvolver tan só mes e medio do seu contrato. Esta traballadora estaba facendo unha substitución da PSX titular do Centro que se atopa de baixa por enfermidade, e nunca recibira ningún tipo de queixa por parte dos empregados nin os usuarios do servizo".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Carnota.

Comentarios