xoves. 26.06.2025
El tiempo

O BNG de Carnota denuncia que o alcalde "marcha dilapidando os resursos públicos ata o último momento"

O BNG de Carnota denuncia que o alcalde "marcha dilapidando os resursos públicos ata o último momento"

O BNG carnotán, que onte pasaba a responsabilidade de creación dun novo goberno progresista ao PSOE, hoxe fai unha dura denuncia á xestión do alcalde en funcións José Oreiro, nestes os seus, probablemente, últimos días de goberno.

Unha denuncia que xa vén de lonxe esta do despilfarro, pero que nestes días, segundo o BNG, está sendo "escandalosa".

Denuncia o BNG as últimas decisións do PP por unha "falta de prudencia á hora de contratar obras, cancelar servizos e incluso emprender contratacións masivas de personal". Nese sentido pregúntase o BNG: "Esa é a austeridade que proclama o PP?"

Peche da Escola de Música

A primeira cuestión foi "o remate anticipado da Escola Municipal de Música, que os pais e nais dos alumnos interpretan como un castigo polos malos resultados obtidos polo Partido Popular". "Pero o máis grave", segundo o BNG, "é que a Escola Municipal de Música viña utilizando un local privado que cedera un veciño a cambio do seu arranxo a costa dos fondos públicos do Obradoiro de Emprego. Despois do 22 de maio, o veciño impediu que se seguira desenvolvendo alí a normal actividade da escola, alegando que se Oreiro non era o alcalde xa non o deixaba usar".

Novos contratos de obras

Denuncia tamén que "o pasado 3 de xuño o alcalde en funcións resolveu adxudicar contratos por dúas obras (1 e 2) que suman un total de 200.000 euros (32 millóns das antigas pesetas) a cargo do POL. Como non podía ser doutro xeito, a beneficiada por estes contratos foi a mesma empresa que leva recibindo durante 4 anos a inmensa maioría dos contratos de obras do goberno municipal do PP".

Novos contratos laborais

Denuncian tamén a "contratación masiva de personal por parte do goberno de Carnota en funcións. Trátase dun número elevado de novos contratos cunha duración de seis meses e un custo indeterminado que terá que asumir o novo goberno municipal". Os contratados son, segundo o BNG, "achegados ao PP".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios