O BNG tamén pide que se declare “zona catastrófica” o Monte Pindo


Ao igual que pedíu a Asociación Monte Pindo Parque Natural, hoxe é o BNG o que solicita a declaración de "zona catastrófica" para o monte costeiro. O BNG defende no Parlamento "aplicar un Plan urxente de restauración mediombiental con dotación económica e tras a recuperación do Monte Pindo, declaralo Parque Natural".
A deputada Ana Pontón reclamou que a Xunta de Galiza actúe ante este “grave desastre” e active medidas urxentes para a recuperación de vivendas, e actividade agrícola así como evitar que as cinzas cheguen ao mar o que, ao seu xuízo, agravaría aínda máis a actividade pesqueira e marisqueira.
O BNG denuncia que "hai incendiarios pero tamén políticas incendiarias do Partido Popular", referíndose ao "problema dos incendios é de tipo “estrutural” e dunha inexistente política forestal para protexer o monte galego". Así, "no caso do Monte Pindo, dixo, que ademais é un monte consorciado, a Xunta é responsable das tarefas de prevención con medidas específicas que, desgraciadamente, nin se contemplan nin se aplican".
Rabia, frustración e impotencia"
Ramón Noceda, alcalde de Carnota asegurou na súa intervención sentir “rabia e impotencia” ante un incendio que non debera terse producido nunca tendo en conta, afirmou, que o concello pediu á Xunta de Galiza durante máis de tres anos a declaración de Parque natural do Monte Pindo.
O alcalde de Carnota explicou que non é a primeira vez que o concello sofre as consecuencias dun incendio como o ocorrido no ano 2006 ás que sumou as producidas pola catástrofe do Prestige, “creo que a intención do incendio foi acabar coa posibilidade de ser declarado Parque Natural” dixo, e anunciou que se a Xunta non adopta medidas para recuperar a zona, “ímolo facer nós, na nosa nación hai suficiente conciencia como para tomar as rendas” para recuperar o Monte Pindo.
Si a Xunta “non se pon as pilas”, sentenciou, o concello de Carnota tomará a iniciativa e “se tod@s botamos unha man, ímolo conseguir”, concluíu.
Máis información
- Album de Fotos sobre o Incendio no Facebook de Que pasa na Costa .
- Twitter @Quepasanacosta ou #IFCarnota.
Novas sobre incendios
- Novo berro de auxilio dende Quilmas.
- A AMEGA, en contra da devastación dos nosos montes.
- 18-09-13: Saltan as muxicas da crispación arredor do Monte Pindo.
- 16-09-13: A Comunidade de Montes de Caldebarcos e a Cooperativa de Quilmas alzan a voz dende a terra queimada.
- 15-09-13: Existe unha verdadeira investigación policial sobre o incendio?.
- 14-09-13: Acabou o inferno. Toca traballar na recuperación, reflexionar e investigar.
- 14-09-13: O lume máis devastador chega ao Ézaro mentres o pobo se fractura.
- 13-09-13: Continúan as lapas ameazando o Pindo e ao Ézaro cando chegan as primeiras reflexións.
- 12-09-13: Un incendio arrasa o Monte Pindo e obriga a desaloxar varias aldeas de Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).