O Enxeño Galego: O retrete floreiro
13:00 21/05/14
Recuperamos a sección do Aquí non se tira nada rebautizada como “O Enxeño Galego”, dándolle unha volta á típica estampa do reciclaxe máis auténtico do país, que para nós está moito máis cerca do enxeño e a orixinalidade que da Chapuza, como a catalogan outros medios.
E de floreiros xa temos falado, coas vertentes do tambor floreiro, ou do penico floreiro. Hoxe, imos ata Carnota, onde Cristina Vázquez nos leva ata a casa de Lola do Cine para amosarnos esta xoia: o retrete floreiro.
A propia Cristina define o artiluxio: “Unha jallejiña, que aproveita todo. Todo é ter imaginación e sacar a moda!!”. Pois iso!
O Enxeño Galego
- O tambor floreiro.
- O somier-cancela.
- O penico floreiro.
- Baño demasiado público en Fisterra.
- Galicia, potencia mundial en enerxía eólica.
- Carrito para cans.
- O sinal incorporado.
- Unha árbore de Nadal reciclada.
- Un local de ensaio feito na casa.
- A Petenera Agrícola.
- A Petenera Móbil.
- Un columpio de tuberías.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).