mércores. 07.05.2025
El tiempo

O Festórreo volverá ser o cumio do verán liracho

O Festórreo volverá ser o cumio do verán liracho
Festorreo de Lira-Foto- David Trillo

Xa temos a relación de actividades que a activa Asociación Canle de Lira vai realizar este verán. E de novo, e como pasou o ano anterior, o Festórreo preséntase como unha das citas ineludibles. Teremos moitas máis cousas, como o xadrez, que desembarco do ano pasado, xa non marcha de Lira. Haberá tamén tenis de mesa e carreira para completar as actividades.

Programa para o verán da Canle

  • Sábado 31 de maio: Torneo de Xadrez de fin das clases para nenos. Están invitados a asistir pais, familiares, amigos… Ó final entregarémoslles trofeos.
  • Venres 6 de Xuño: Finais da liga femenina de Tenis de mesa.
  • Sábado 7 de Xuño: Finais da liga de Xadrez e Finais da liga masculina de Tenis de mesa.
  • Sábado 5 de Xullo: O Festórreo na horta do cura.
  • Sábado 9 de Agosto: A clásica e recoñecida Carreira a pé.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios