Mércores. 21.08.2019
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A Pedra Cabana do Rego Bravo no Monte do Pindo

O Modesto Patrimonio: A Pedra Cabana do Rego Bravo no Monte do Pindo
Pena da Cabana Rego Bravo do Monte do Pindo Na Pena da Cabana Rego Bravo do Monte do Pindo Acompañado do noso guía Pepe do Fieiro, seguimos explorado e recoñecendo polo Monte do Pindo as covas e refuxios onde moitos veciños do noso entorno as usaron como refuxios durante a Guerra Civil. Esta tarefa faise cada vez máis difícil pola falta de informadores, perdéndose para sempre as súas vivenzas e constumes. Con Pepe do Fieiro na Pena da Cabana Rego Bravo do Monte Pindo Con Pepe do Fieiro na Pena da Cabana Rego Bravo do Monte Pindo Con Pepe do Fieiro na Pena da Cabana Rego Bravo do Monte Pindo 1 Con Pepe do Fieiro na Pena da Cabana Rego Bravo do Monte Pindo Hoxe imos falar dunha cova situada a media ladeira, preto do Rego das Canas, na paraxe coñecido como Rego Bravo. Pola súa situación e características quizáis sea un dos mellores habitáculos reconfortables e saludables dos encontrados ata o momento. Trátase dun recinto cuadrangular de uns 2 m. de largo por 2,5 m. de ancho cun piso horizontal de terra sin humedades e cuberto cunha pesada lousa de granitica. A porta de entrada é un pequeño furado cara o norte e protexido polo leste con un muro roquedo duns 1,8 m. de alto por outro duns 0,5 m. polo lateral oeste. Polos laterales norte e sur foron tapiados con rochas sueltas. Está situada entre un montículo rochoso de difícil acceso y difícil de localizar. Para encontrar a boca de entrada, situada no centro, debe salvarse algúns desniveles y camiñar sobre a propia cuberta. Pódese localizar nas coordenadas UTM(29ED50): X = 490645; Y = 4750420, cunha altitude de 225 m. sobre o nivel do mar. Como chegar Cóllese o camiño das primitivas pescadeiras que sae da Ponte do Ézaro, marxe esquerda do río Xallas en dirección a Portela Ventosa. O chegar a altura da caseta de Quintana gírase a dereita pasando por riba da Laxe Miravela. Síguese pola vaguada dun rego seco a encontrar o Rego das Canas. Síguese este regato augas arriba nun treito aproximado duns 300 m. encontrando a man esquerda un montículo rochoso. Súbese polo lateral sur uns 150m. onde sobresale grandes rochas, destacando unha en forma de sombreiro. Esta rocha é a tapadeira da cabana polo que para entrar nela débese pasar por encima. Na actualidade, subir por este regato e tarefa imposible o estar cuberto de toxos. Itinerario da Cabana do Rego Bravo Interior da Pena da Cabana Rego Bravo do Monte do Pindo Interior da Pena da Cabana Rego Bravo do Monte do Pindo  

Patrimonio Pindexo

O Modesto Patrimonio

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios