O Monte Pindo prepárase para a invasión reivindicativa
Cun ollo nas Fragas do Eume, a comunidade comprometida co territorio de toda a Costa da Morte e mesmo de toda Galicia, xa pensa na marcha reivindicativa do 14 de abril. Un día por certo que se completará coa gala solidaria de Leo Bassi en Corcubión.
Así, o ambiente xa se vai quentando e a Marcha Monte Pindo xa vai volvendo á actualidade das rrss e dos mentideiros e parlamentos da zona. Unha marcha coa que agardamos, toda a Costa, amosarlle á Xunta o argumento que os convenza definitivamente de declaralo Parque Natural.
Un cento de entidades de todo tipo xa se adheriron á demanda cidadá; a iniciativa de catalogar Parque Natural ao Monte Pindo conta tamén co respaldo total dos concellos máis implicados (Carnota e Dumbría), do empresariado da zona; e de milleiros de cidadáns de Carnota, da Costa da Morte e de toda Galicia que queren ver o Monte Pindo máis coidado, desenvolvido e aproveitado para beneficio de todos.
Tendo o vento tan a favor que ata a propia Xunta modulou hai pouco a súa postura. Só queda que o 14 de abril se convirta nunha auténtica festa masiva que demostre ás administracións o simbolismo do Olimpo Celta de Otero Pedraio.
Un fito social
Vai máis aló a entidade. "O Parque Natural do Monte Pindo será o primeiro Parque Natural galego que partiu da sociedade. Será o primeiro Parque Natural da nosa querida Costa da Morte, e tamén vai ser un dos potenciais para o seu desenvolvemento social e económico. Pero, sobre todo estamos convencidos de que marcará un punto de inflexión de cara as políticas dirixidas ao noso medio natural, pois amosaremos que as cousas pódense facer ben se se fan coa xente e non de costas á xente".
#IMOS - Marcha Monte Pindo - Data, hora e lugar
Todo o anterior comezará a cristalizar ás 12:00 horas do sábado 14 de abril nas inmediacións da célebre fervenza ou coadoiro do Ézaro, desde onde se partirá pola estrada xeral ata a Praza da Solaina no Pindo, onde lerase un Manifesto cuxa misión é solicitarlle á Xunta que escoite o berro de "PARQUE NATURAL XA!"
Novas relacionadas
- Dumbría apoia a manifestación do Parque Natural Monte Pindo que partirá da Fervenza do Ézaro.
- A Costa da Morte manifestarase o 14 de abril por un Monte Pindo Parque Natural.
- A Xunta dá un paso adiante cara á declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
Máis novas
- Un gran castelo chamado Monte Pindo.
- Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
- Recuperando a historia da Ermida do Monte Pindo.
- ADEGA denuncia buracos na Rede Natura para eólicos, piscifactorías e canteiras.
- 3 de 4 asociacións de Carnota apoian un Monte Pindo Parque Natural con nova imaxe.
- Cascada de apoios ao Parque Natural no Monte Pindo: 33 novas entidades defenden a protección do Olimpo Celta.
- O Monte Pindo non será parque natural…por agora.
Outras novas
- A recuperación do Camiño das Peixeiras descobre outro Outeiro das Cacholas.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).