O Monte Pindo recupera o seu proxecto social de Catálogo de especies


Mentres esperamos polo VII Encontro Monte Pindo da Asociación Pedramar, a asociación veciña Monte Pindo Parque Natural tráenos unha boa nova sobre os seus traballos de análise científica da singularidade do espazo natural.
A entidade anuncia que a partir do verán de 2015 retoma os traballos do CEMP, siglas do Catálogo de Especies do Monte Pindo, un completo estudo sobre a flora e fauna presente neste no Olimpo Celta que fora paralizado tras o incendio de setembro de 2013 logo de ter catalogado un total de 662 especies naturais, das que preto de 150 contan con algún nivel de protección na lexislación nacional e internacional vixente.
Recordan que “ingún outro espazo natural da nosa Comunidade -nin sequera os mellor protexidos- conta a día de hoxe cun informe tan exhaustivo e en tempo real sobre o tipo de especies naturais que o habitan, e moito menos cunha óptica aberta, participativa e promovida enteiramente pola sociedade civil, sen subvencións nin axudas”.
O estado actual do espazo, a pesar do esquecemento da Xunta sobre as súas promesas de reforestación, e mais o pronto inicio de varios proxectos relacionados coa bioloxía, invita a continuar cos traballos, laboura na que pode participar toda a poboación, e non só aquela con formacón académica na materia, pois o Catálogo está aberto e actualízase en tempo real, e ten en conta as propostas de todas as persoas que visiten este espazo natural, o que pode facer nun espazo propio da plataforma do proxecto.
Quen desexe máis información ou colaborar de calquera xeito coa iniciativa pode visitar cemp.montepindo.gal, onde ten á súa libre disposición e en tempo real o catálogo completo.
Novas relacionadas
- O Monte Pindo prepara o seu Encontro
- O Monte Pindo terá dous trails este verán.
- O Encontro do Monte Pindo xa espera polo seu Trail.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- O Monte Pindo volverá acoller unha das 6 probas da Galicia Máxica Trail Adventure.
- 2013: A rabiosa natureza foi a protagonista do Encontro Monte Pindo.
- 2012: Un millar de persoas encontráronse no Monte Pindo.
- 2011: O Monte Pindo disfrutou dun Encontro con historia, música, gastronomía e deporte.
- 2010: A Pedramar achegou o Monte ao Pindo.
- II Simposium Monte Pindo: Por que temos que coidar o Monte Pindo?.
Fonte
- AMPPN.