O Pindo mide o Frágil Equilibro da sociedade globalizada nunha especial presentación
Hai presentacións que trascenden o meramente artístico. Así o vivirán, o vindeiro 22 de setembro, os irmáns Marina e Guillermo García López. Unha sensación que puido sentir Olaia Sendón hai ben pouco en Fisterra ou que seguro que sentirá Sara Casasnovas cando faga o propio con Escaravana.
Desta volta tocaranos parar no Pindo, o recuncho familia da familia García López. Familia madrileña (a nai é galega) que leva nada menos que 29 anos pasando os veráns aquí. Por iso, a pesar de que o seu documental ten viaxado por todo o mundo, esta parada, esta presentación será especial. A cita será o venres 22 de setembro ás 21:30h no Local Multiusos del Porto Sinal, O Pindo, Carnota, e ademais da proxección de “Frágil equilibro”, posteriormente haberá un interesante coloquio co autor, o propio Guillermo.
Non poderá estar o protagonista principal, o xa lendario ex presidente uruguaio José Mujica, pero si que será unha gran ocasión para subirnos neste “barco cargado de tripulantes”, como define Guillermo todo o traballo. Un traballo que continuará o seu percorrido por festivais internacionais, despois de ser escollida como Mellor Pelicula Documental nos pasados Premiso Goya.
O documental parte dunha calmada entrevista a Mujica, que enfurece ao espectador a través de tres historias de tres continentes distintos que propón un cambio radical, dende o particular ao xeral. Unha desas pezas que doen, pero que hai que velas.
Novas relacionadas
- Fisterra, Carne de Safari: Un conto das milagres cotiás da patria Fisterra.
- Sara Casasnovas: “Síntome parte desta terra salvaxe e poderosa que namora e tolea a partes iguais”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).