O Pindo prepárase para unha semana para diversificar de mar

Este vindeiro luns 24 de xuño botan a andar as VII Xornadas de Pesca da Confraría do Pindo. Unha semana completa de actividades para os máis pequenos que culiminará cunha fin de semana pensada para todas as idades, con charlas, concursos, música, gastronomía…
Neste ano levan por nome "Outro ollar ao mar", un ano máis potenciando a diversificación do sector mariñeiro.

Unha das citas máis esperadas será o II Concurso de sobremesas, no que poden participar tódalas persoas interesadas así como establecementos de restauración, bares e cafeterías.
Ademais, as charlas e mesas redondas de venres a domingo onde se abordarán temas diferentes relacionados co mundo do mar e nas que terá lugar unha subida ó Monte Pindo, a presentación do Libro Versos no Olimpo de Francisco Fernández Naval e Miro Villar así como diferentes actividades lúdicas, musicais e degustación de productos da zona.

Semana para os nenos
Durante a semana haberá sesións de kaiak con Nalú, e obradoiros de cestería tradicional na Confraría, en horario de tarde, así que xa poden apuntar aos seus pequenos na Confraría (981 764815 ou confraria@wanadoo.es) tendo como data límite o 17 de xuño.
Novas relacionadas
- Programa de actividades para o Verán en Carnota.
- O V Encontro Monte Pindo faranos disfrutar do sendeirismo, historia e gastronomía.
- As Aberturas de Manuel Vilar: A Farola do Pindo.
- QUE PASOU NA COSTA: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
Xornadas de Pesca do Pindo
- 2013: As Xornadas de Pesca do Pindo botarán outro ollar ao mar na procura da diversificación.
- 2012: O mar fundiuse de recordos nas Xornadas de Pesca do Pindo.
- 2011: O Pindo declaroulle o seu amor ó mar a pesar de todos os problemas no sector.
- 2010: As baleas tomaron O Pindo .
- 2009: A vida volta ao mar dende O Pindo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).