Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os pais da Escola de Música de Carnota esixen a continuidade da "profe Ana"

Os pais da Escola de Música de Carnota esixen a continuidade da "profe Ana"

Un numeroso grupo de pais e nais de alumnos da Escola de Música de Carnota foron a pasada semana solicitarlle ao novo alcalde, Ramón Noceda, a continuación de Ana Blanco como traballadora multidisciplinar no Concello (na ESMU, como profesora de inglés, no departamento de deportes, etc.)

I é que ante a inminente saída do Concello da "profe Ana", os pais iniciaron unha recollida de firmas que entregarán no Concello este mesmo venres. Todos, absolutamente todos os pais e nais dos rapaces que estudian música neste concello están convencidos de que a malpicá Ana debe quedar para continuar o seu inmellorable traballo.
Na mesma situación atopábase María Lestón Leis, que coordinaba a preto de 200 nenos da escola de ximnasia, pero parece que o seu posto xa non pode ser recuperado a pesar do apoio das familias.

Así, os pais e nais dos alumnos avisan que se nestes días Moncho Noceda non blinda o contrato desta traballadora, "iniciarán outro tipo de movilizacións".

Remate de curso prematuro

Así se manifestan os pais e nais da ESMU de Carnota mentres a escola está de vacacións, xa coa promesa de Noceda de que volverá porse en marcha en breve. I é que tralo cambio de goberno, os propietarios do local onde se desenvolvía as clases da Escola obrigaron a pechar, prematuramente, o curso.
Nestas semanas coñecerase se a Escola segue no mesmo espacio ou o Concello habilita un novo lugar.

Polo de pronto non sabemos se A Xunta cumplirá a súa promesa de crear un novo edicifio para a Escola de Música de Carnota.

Novas relacionadas

Comentarios