Os veciños de Carnota rexeita a instalación de Gas Natural a carón do Colexio


Un proxecto polémico este proposto por Gas Natural co apoio da Xunta para instalar unha instalación a escasos 60 metros do Colexio Público de Carnota. Onte, o grupo de goberno, que xa anunciara a súa posición contraria, organizadaba unha asemblea veciñal para explicar o alcance desta infraestrutura e escoitar a voz dos veciños.
E foron moitos os que se achegaron ao Salón de Actos do Concello de Carnota para manifestar o “rexeitamento unánime da veciñanza”, que xa se adheriu decididamente ás alegacións que ten redactado o Concello para deter o proxecto, e que xa supera o medio centenar de sinaturas aínda que dende o BNG esperan que esta cifra sexa moi superior moito pois a veciñanza vai a distribuír copias das alegacións entre a xente que non puido asistir á reunión.
Quen o desexe pode descargar as alegacións en PDF que presentou o Concello que deberá asinarse con nome, apelidos e DI para adherirse e parar este proxecto temerario e perxudicial para o futuro do noso concello, que son as nenas e os nenos. O escrito de alegacións deberase entregar ou ben nas dependencias municipais ou ben directamente na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, no enderezo que se sinala no escrito.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Carnota.