Luns. 06.05.2024
El tiempo

Pontón: “Ramón Noceda volverá ser o alcalde de Carnota para facer avanzar o concello”

CANDIDATURA_BNG_CARNOTA_5M_1 copia
Pontón: “Ramón Noceda volverá ser o alcalde de Carnota para facer avanzar o concello”

Ata Carnota desprazouse este venres 5 de maio Ana Pontón para acompañar a Moncho Noceda na súa presentación como candidato á alcaldía de Carnota. O veterano político carnotán volve tras ser alcalde do concello en dúas lexislaturas entre o 83 e o 89 (fora apartado por unha moción de censura do seu propio partido) e outras dúas entre 2011 e 2019.
Tras retirarse para a batalla de 2019, e o BNG perder a maioría absoluta, Noceda decidía volve o pasado ano para intentar recuperar a alcaldía.

CANDIDATURA_BNG_CARNOTA_5M_2 copia
Moncho Noceda con Ana Pontón

Nesta nova tapa, a propia Pontón recoñecía que é “un candidato que non precisa presentación, ben coñecido pola veciñanza, que foi durante moito tempo o alcalde de Carnota e que volverá selo a partir do 28 de maio”. “É unha persoa que quere a Carnota, que leva esta vila na cabeza e no corazón e que é capaz de facer que avance”, asegurou a portavoz nacional, que lle lembrou á veciñanza como “Moncho xa demostrou como alcalde que é capaz de darlle a Carnota calidade de vida, servizos públicos, actividade económica, social e cultural. Demostrou que é posible ter un concello transparente, onde todos os veciños e veciñas sexan tratadas por igual, un concello de portas abertas, profundamente democrático”.

“Alí onde gobernamos, construímos concellos dinámicos, no económico, no social, no cultural”, sinalou nun acto no que se falou de vivenda, un asunto de referencia nun concello onde hai máis casas destinadas ao turismo que á vivenda residencial.

Máis novas das Eleccións

Artigos relacionados

Comentarios