A praia de Carnota, entre as 15 máis buscadas en Google de todo o estado
Albíscase un verán de cine por Carnota. As cifras de ocupación van ser moi altas, e as marabillosas praias carnotás volverán ser as máis demandas polos visitantes.
Así o refrenda a análise que vén de facer a empresa de marketin Likibu, que recolleu os datos durante os días 3 e 4 de xuño, das 300 praias máis buscadas en Google. Entre as 15 primeiras atópase a Praia de Carnota, que facendo unha extrapolación, recibe 5.4000 búsquedas mensuais.
Lonxe quedan as 60.500 de Praia das Catedrais, a praia máis popular de todo o estado, con moita diferencia. Xa que despois chegan as Praia das Américas (Tenerife), con 13.900 búsquedas, a praia da Barceloneta (12.300), a Praia a Concha de San Sebastián (10.620) ou a praia das Canteras de Las Palmas (10.200).
Por debaixo das 10.000 visitas, moi preto da nosa praia están a praia do Inglés de Maspalomas (9.900), a praia da Malvarrosa de Valencia (9.000), a praia do Sardinero de Santander (6.700), a praia da Victoria de Cádiz(6.450), a praia dos Locos de Suances (6.400), a Gavá Playa de Castelldefels (6.000), a praia de Canet (5.700), ou a praia da Malagueta (5.600.
Máis interesante se cabe é saber que hai máis búsquedas da praia de Carnota que da praia d’en Bossa (Ibiza), da praia de Poniente (Benidorm), da praia de Xagó (Llodero), da praia do Trabucador (Delta del Ebro), da praia de Arrigunaga (Getxo) ou da praia de Samil (Vigo), que pecha o top 20.