Quilmas erixiuse vencedora en Carnota
09:15 04/08/11
O Concello de Carnota infórmanos de que xa rematou o Torneo de Fútbol 5 para categorías inferiores. Xogaron vinte rapaces divididos en catro equipos, representando ás diferentes parroquias do concello carnotán.
O primeiro posto foi acadado polo equipo de Quilmas, con Javi, Anxo, Hugo, Manuel e Xian. Segundos quedaron os de Caldebarcosc, con Martín, Brais, Juan, Ismael e Carlos. A terceira posición foi para O Pindo, con Carlos, Sergio, Adrián, Ángel e Brais, e xa a cuarta praza quedou en mans do Lira, con Alberto, Isma, Gael, Juan Traba e Javi.
Todos eles xogaron un sistema de liguilla o pasado venres, e tras desputar uns partidos moi rifados, emprazáronse para o sábado, cando xogaron a semifinal (Pindo – Lira) e a final (Quilmas – Caldebarcos).
Estiveron presentes o técnico de deportes do Concello, e o concelleiro, Iván Franco, que fixo entrega dos diplomas aos segundos clasificados, e do trofeo ao equipo gañador.
Novas relacionadas
- 7 mercados ecolóxicos para 7 meses.
- O Monte Pindo recibe apoios dende A Coruña.
- Carnota abre o prazo de inscrición para a Carreira das Areas.
- Carnota celebrará o seu IV Torneo de Tenis.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Carnota.