Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Receitas do Outono carballés: Bacallau á biscaína

Receitas do Outono carballés: Bacallau á biscaína
Bacallau a viscania do Anfora de Carballo

Seguimos descubrindo as Receitas do "Outono gastronómico" marca Turismo Carballo. E o facemos, tras degustar un espectacular Un Milfollas de segredo de porco ibérico, co bacallau á biscaíña, da viñoteca carballesa Ánfora.

Un prato preparado con bacallau das illas Feroe, con verduras da zona e con un ingrediente fundamental, a polpa do pementón chouriceiro. Ánfora é propiedade dun matrimonio vasco-bergantiñán (ela é de Coristanco e el de San Sebastián), e a súa carta está basada en pratos galegos e vascos con produtos de calidade.

Prendemos pois a cociña da viñoteca Ánfora para facermos este Bacallau á biscaína. Comezamos pochando o bacallau por un lado, e as patacas, de Coristanco por suposto, por outro, ambas con aceite a baixa temperatura durante 15-20 min. Pochamos noutra tixola as verduras (pemento vermello, allo e cebola) e logo incorporaremos pemento chouriceiro que tivemos que deixalo en auga 6 horas para rehidratar. Un pouco de viño branco do país e esperamos que reduza.

Pasaremos todas as verduras polo pasapuré deixando un líquido que é un tesouro. E xa só nos queda empratar.

Bacallau a viscaina empratado

Podedes repasar a receita completa en turistmocarballo.com.

Receitas do Outono carballés

Fonte e máis información

Comentarios