Recunchos da Costa: Mirador de Louredo

Seguimos percorrendo a Costa da Morte a través dos Recunchos da Costa. Toca facermos parada nun dos miradoiros máis espectaculares da comarca. O mirador de Louredo permite ver a maxestuisodade do val de Carnota e os 7 km da praia máis longa de Galicia, pero tamén permite contemplar a forza do granito do Monte Pindo, e perfilar a silueta de Fisterra aló ao fondo.
O mirador foi adecentado en 2017 gracias aos fondos europeos e conta cunha instalación do artista local Nando Lestón, que convertíu árbores en obras de arte que fan aínda máis especial a visita e as vistas. É certo que dende o lugar sentes o alento dos viraventos das Paxareiras.
O lugar tamén ten indicacións para disfrutar da Senda Verde, unha ruta de alto valor botánico e paisaxístico, pola que se poden visitar lugares tan singulares como A Torre dos Mouros, o Castro de Mallou, os petroglifos do Filladuiro, As Laxiñas, Porta Ventosa, A Laxe Escrita e Prousos Magos; o Bico do Santo, a Fervenza de Pedrafigueira ou a Carballeira do Rego de Lariño.




Como chegar
É parada obrigatoria se fas o treito entre Mazaricos e a costa pola AC-400, despois da marea de viraventos, cómpre coller o desvío cara Carnota pouco despois das Paxareiras. Ou se subes dende O Viso cara Mazaricos (dirección Santa Comba-Coruña).
RECUNCHOS DA COSTA
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- ROs petroglifos de Boallo.
- A ruta do Muíño de Louredo.