Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Coristanco denuncia os recortes nos seus centros educativos

PSOE CORISTANCO recortes ceip
Coristanco denuncia os recortes nos seus centros educativos

Neste comezo de curso plagado de mobilizacións contra os recortes da Xunta no sistema de ensino público, os centros de Coristanco tamén o sofren.

O PSdeG-PSOE de Coristanco presentou unha moción, aprobada de xeito unánime no pleno municipal, na que se reclama á Xunta de Galicia que solucione as deficiencias do CEIP Canosa-Rus.

A moción foi presentada despois dunha reunión dos socialistas coa ANPA do centro, na que esta expuxo as necesidades que ten o mesmo.

A posteriori, houbo outra xuntanza co obxectivo de presentar unha iniciativa no Parlamento de Galicia no mesmo sentido. Os socialistas explica que "os profesionais de Audición e Linguaxe teñen agora mesmo asignadas únicamente 19 horas no centro, cando o ano pasado, por exemplo, tiñan unha xornada completa e outra de persoal compartido".

"A parte diso hai unha gran falta de mantemento, incluíndo incluso defectos estruturais do edificio que provocan a entrada de auga no centro", sinala o socialista. "Todo isto foi trasladado en diversas ocasión ao Concello, que fixo caso omiso", engade.

O voceiro socialista local destaca que "a moción presentada polo socialistas foi aprobada por todos os grupos que conforman a corporación municipal, pero nós pedimos algo máis".

"Pedimos que se actúe con celeridade para solucionar as múltiples deficiencias que sofre o CEIP Canosa-Rus, posto que estas afectan gravemente o benestar dos nenos e as nenas que estudan no colexio", conclúe Pérez Abelenda.
 

Máis novas sobre recortes

Comentarios