Stefania Montagna charla en Carnota sobre o Amor, a Memoria e a Libertade

10:20 19/05/23
A Libraría Chorima volve abrir as portas á reflexión. E faino con Stefania Montagna, afincada en Carnota tras chegar de vacacións coa parella e decidir que este era o seu sitio. Agora está buscando o seu espazo, e ofrece unha charla este sábado 20 de maio ás 20:00h sobre Amor, Memoria, Libertade.
Coach persoal de profesión, quere compartir a súa experiencia cunha charla pensada para reflexionar sobre o concepto de felicidade, baseada en grandes da literatura como Dante, Tolstoi ou Dostoiewski.
Podes comprar as entradas a 10 euros en eventbrit.