Venres. 29.03.2024
El tiempo

Stolt Sea Farm prepara a súa saída a bolsa

stolt-sea-farm-piscifactoria-lira
Imaxe aérea da piscifactoría de Lira
Stolt Sea Farm prepara a súa saída a bolsa

Non parece que vaia afectarnos directamente moito, pero a nova é reseñable para unha das zonas nas que a multinacional ten unha presencia máis activa. Stolt-Nielsen Limited anunciaba onte a súa intención de realizar a saída a bolsa (IPO) do seu negocio de acuicultura en terra, Stolt Sea Farm, S.A. Deste xeito, a empresa norueguesa que ten plantas piscícolas en Lira (Carnota), Merexo (Muxía) e Cabo Vilán (Camariñas) (3 das 14 plantas de rodaballo en España, Portugal, Francia, Islandia e Noruega) que ten en dá un salto económico.

As cifras do xigante acuícola son tremendas: En 2019, Stolt Sea Farm vendeu 8.3 millóns de quilos de rodaballo, xerando un 89% dos ingresos totais de Stolt Sea Farm, e alcanzou un EBIT/Kg (WFE) para rodaballo de EUR 1.7.

Dende a empresa entenden que “a industria da acuicultura está en constante crecemento debido á cada vez menor disponibilidad de peixe salvaxe e a crecente demanda de proteínas saudables por parte do consumidor, e tanto o rodaballo como o lenguado, están considerados como especies de alta calidade.

Novas medioambientais

Dende a empresa aseguran que seguen dando pasos en materia ambiental. “En xaneiro 2021 Stolt Sea Farm completou o primeiro ciclo de produción coa súa módulo de últim atecnoloxía de recirculación (“RAS”) en España, con todos os indicadores biolóxicos excedendo os cálculos estimados do proxecto.

En clave de futuro, a empresa espera “aumentar a capacidade de produción (rodaballo e lenguado xuntos) a 9.600 toneladas antes de 2025 e 23.300 toneladas antes de 2035”.

Comentarios