sábado. 15.02.2025
El tiempo

O Tinglado sementa emprendemento nun novo DAI cunha Libraría Social como protagonista

Maitane Vicente Marino no Tinglado nun DAI
O Tinglado sementa emprendemento nun novo DAI cunha Libraría Social como protagonista

Este próximo domingo día 2 de febreiro no Tinglado en Carnota, unha muller das Terras de Outes, Maitane Vicente Mariño, fará a presentación do seu proxecto de Libreria Social e Comunitaria chamado ULA. Unha proposta que nos dá a dimensión dos cambios que se están producindo no Territorio. De feito, estes cambios son Interterritoriais pois Maitane, de procedencia Vasca, aterra en Outes e Emprende unha idea que casa como "quesito de Trivial" na filosofia das Novas Ruralidades.

Este evento enmárcase dentro das propostas que Colectivo Carnota, que proxecta mensualmente e que neste caso, forma parte dos seus encontros DAI (Dias de Aprendizaxe e Inspiración), no que xa temos participado a familia QPC. Falar de Colectivo é falar de Comunidade, de tecido humano cun mesmo e único propósito, vivir con dignidade e felicidade no noso Territorio.

A Literatura coma ponte para tecer comunidade

Nando Lestón, alma do Tinglado, ponnos en contexto: "Ben é certo que o Rural precisa dunha revisión nos seus modelos, sen prexuicios, estamos chamados a explorar novas experiencias e formas de relacionarnos e tecer unha rede comunitaria, que sirva e sexa útil ás necesidades dos nosos veciños, doutro xeito estamos no camiño de non afrontar os retos que nos ven de cara.

Esa toma de conciencia é lenta,como todo cambio que se aproxima e aínda non o identificamos pero... no camiño estamos.
Partimos dunha base Patrimonial e Cultural tan ampla que teriamos para varias vidas,pois os nosos pais,nais e avoas deixaronnos, en realidade, un punto de partida, un reto que se non nos colle unidos e en Comunidade, será difícil sacar adiante.

Por outra banda e neste intre, TINGLADO forma parte dun proxecto máis amplo. Non fai muito incorporamonos a un proxecto realista e experimental a partes iguais chamado TERRITORIO EMPRENDE.


TERRITORIO EMPRENDE está formado por profesionais de diversos ámbitos ,que están na procura de Sementar as bases para unha visión máis proactiva no eido rural, a través de experiencias e visións innovadoras no que a prosperidade comunitaria vaia da man da Innovación Social. Esto quere dicir, novas formas de interpretar e relacionarse nos territorios rurais, fomentando a máxima de que emprender no rural, de xeito colectivo e tecendo rede, ten máis posibilidades de prosperar que individualmente.
Os nosos maiores xa o facían, traballaban en comunidade; nós abandonamos ese xeito de entender a vida e tornámonos máis individualistas. Así estamos.

Territorio Emprende apoia o seu proxecto e visión a través do chamado "Grupo Semente" implementando diferentes ferramentas que podan colaborar na dirección de emprender exitosamente no territorio... mover territorio, dinamizar concencias e apostar polo asentamento da poboación.

Outro Mundo é posible.

Deste xeito, e agradecidos, TINGLADO forma parte deste proxecto no que Sementar prosperidade é fomentar Vida, e fomentar Vida é Cuidar e Amar o Territorio, collendo o relevo dos que nos precederon e creando a posibilidade de andar un camiño que acaba de comenzar.

Somos varios os proxectos que estamos vivindo esta experiencia do "Grupo Semente" e coñecéndonos entre nós,relacionándonos para nun futuro que desexamos,poder colaborar conxuntamente en apoio e iniciativas. SEXA POIS SEMENTADA TODA GALICIA pois en realidade, á semente,faille falta só unha mínima oportunidade para fructificar e Ser Vida.      
 


Máis novas

Comentarios