xoves. 13.02.2025
El tiempo

Ruralismo 3.0 / 09: Progreso sen regreso

3 generaciones potes de corriente electrica en primer plano el prehistorico
3 generaciones potes de corriente electrica en primer plano el prehistorico
Ruralismo 3.0 / 09: Progreso sen regreso

Que pasará cando cheguemos por fin á Lúa na procura de auga...? pois que no la venderán como o petróleo.

E... que pasará cando por fin cheguemos a Marte...? pois que nos daremos conta de que "os marcianos" non existen... sempre fomos Nós.

Permitirame Antonio que todo o simbólico que el mostra na imaxen sirva á causa de RURALISMO 3.0 e a todas as causas que, relacionadas co anti-progreso, crean violencia e tristura a persoas que o único que queren e vivir en armonía co seu territorio... nun mundo normal non é tanto pedir.

Pero... coñecemos a Historia... e esta non acaba ben.

Podía dicir da fotografía, nunha simple ollada, que ten unha significación mui potente de conexión ca "terra"; dela, escorado á esquerda do plano, emerxe o que ben podía ser unha humilde e retorcida raíz dunha árbore enterrada ó revés que, abandonada á súa sorte, cumple perfectamente a sua función, comunicar e intercomunicar ás diferentes comunidades para que teñan lus e vida...

Podía falar de como no centro da imaxe, ao lonxe e arrodeado dun inmenso valeiro, asoman e fructifican outras estructuras de progreso que, pouco a pouco, irán sustituíndo e tecendo unha rede cos seus potentes alternadores, ou como se chamen.

Se puderamos mirar un pouco máis atrás veriamos como estas estruturas de futuro están perfectamente limpas, mentras tanto arredor da escultura, o varal retorcido, comenza a medrar o abandono. Podía falar de como estas estructuras tecen redes invadindo os campos de cultivo, mentres a vella raíz está nos márxenes sen causar violencia nin intromisión.

Todo iso bañado de metáfora... india, nativa, comunidade rural, aldea e pobo en definitiva.

Antonio decántase por darlle o protagonismo estético e emocinal, moi sutilmente, a base de escala e baleiro, ao singular e único, dotado de identidade, pois non atopará dous postes nin dúas raíces iguais.

Pero a identidade é un espellismo, pois o PROGRESO NON TEN REGRESO.

Tiña eu un amigo na Coruña que, cansado de habitar o inhabitable, decidiu marchar para a súa casa de Negreira a rexentar unha farmacia que seus pais lle tiñan en herdanza. Francamente a el non lle facía gran ilusión e cando lle preguntei por que se marchaba entón, contestoume: "compañeiro galego... o meu Reino non é deste Mundo". Esa frase quedoume grabada para o resto dos meus dias, porque entendín que o encaixe do meu amigo na aventura da cidade, chegara ao seu fin. Anos, non muitos máis tarde e mirando pola fiestra do apartamento, vendo pasar coches dun lado para outro sen ir a ningunha parte, tocoume a min. Dende aquela puden ser entón o que son... o que era el... un Nativo.

A expansión do progreso cara a zonas rurais non é dagora é de sempre e este progreso podemos e debemos entendelo de dous xeitos (:o) que nos cubre as necesidades e (:o) que crea necesidades. En definitiva, o que me facilita a vida e o que me complica a vida.

Semella, despois de observar a cantidade de conflictos territoriales e medioambientales que pronostica o Goberno Galego, que fora unha teima procurar dor á poboación rural. Un baleirado de contido físico e espiritual do rural galego. Non é normal tal cantidade de frontes abertas relacionados co benestar e asentamento das poboacións.

É singularmente sinalable a facilidade con que se amedrenta a poboación con ameazas de expropiación... ou con sometelos a presión con instalacións que de ningún xeito millora a calidade de vida das persoas. Mesmo asumimos cunha fe relixiosa o feito de inundar vales e prados para crear encoros en pro do progreso... que visto a trinta anos vista o progreso trocouse en despoboación e desarticulación social, emocional e territorial.

Botar fóra... presionar, amedrentar a os aldeanos para que se vaian cas vaquiñas a outra parte porque este prado, este monte ou este val é para Greenalia... que de green non ten nada por que instalará unha mega turbina a carón da tua granxa... que visión máis contemporánea do mundo!!!.

Se a estas alturas, non tiveramos amputado o fluxo dos ríos, onde vai que nos espabilariamos para ter unha enerxía limpa... limpa de verdade... pero para o sistema é facil decirlle a un veciño.. "¡chaval.. tas quedao sin agua!! ah... y tambien sin casa... lo vamos a asolagar todo y todo quedará bajo el agua... cama y campanario incluidos"!!! Seguimos os mesmos protocolos franquistas pero con outros e outras actoras... verdade Mato? O sistema é vago e vai ao fácil e ademais pásase polo forro o dereito xermánico o romano e mais o resto dos dereitos.

Van instalar agora, á porta das nosas casas un "barranco del moro".

Construirán con tuneladoras como se fosen tupieiras mecánicas, furados para que pasen tubos de des metros de diámetro. Haberá un movdmento de terras que un sinxelo sismógrafo rexistrará... elevarán auga a alturas naturalmente imposibles, cargaranse as fontes das que mana auga limpa e abastece a muitas poboacións... mesmo Carnota se verá afectada porque a terra non sabe de propiedade privada nin de concellos.

Mentras tanto... nada. Un paxaro pasa e alguén fuma un cigarro a porta do concello porque todo vai ben nos seus dominios.

Queridos amigos e veciños, non debemos unirnos so en Madrí. Nós, os nativos desta terra, os e as galegas de hoxe en dáa acabaremos coma os indios... nunha reserva.. iso xa pasou... pero nunca deixou de pasar... e hoxe tocanos a nós... porque deron con nós... primeiro co vento, logo a auga e máis tarde os mares.

Desoide todo o que vos digan... tódalas bondades que se sacarán da manga en forma de billetes de 500... subide á Ruña... mirade a desfeita que tendes enrriba da cabeza... o Xallas con tes ou catro encoros é simplemente unha bomba de reloxería valenciana... e ademais o carto nunca queda aquí. Temos ouro e pagan cobre. Ca nosa e vosa pasividade e votos.

"Pero el turista ve la fervenza del Ézaro y se queda ciego de belleza".

Cómo é posible que con tanta auga e viravento a nosa factura de lus medre... só buscan enriquecerse ca nosa materia prima... deberiamos estar vivindo de comunidades enerxéticas, polo canto lévannos a enerxia para outros lados e pagamos o mesmo que en madrí.

Hoxe chove e fai temporal. E máis que choverá e as fontes serán cegadas ou contaminadas... polas excavadoras que arrincan a pel. No é este noso lugar... un fermoso mundo no que vale a pena vivir?

Que clase de persoas somos? Cal é o noso pensar? é un pensar aldeano e atomizado ou é un pensar aldeano e contemporáneo que sabe de sobra que nada do que nos trouxeron nos fixo prosperar... non... cada ves somos menos e acabamos deséndolle a fillos e fillas que se piren a la ciudad... que malo será que alí nun contedor de basura non se viva millor... porque.. aquí na aldea non hai nada que rascar. (Mentira de mintireiro)

Canto de vós firmades eso.

Cantos de vós coidarán a súa horta e o seu xardín e ao resto que lle den.

Pois dentro de vinte anos... nin horta nin xardín... casa pechada que a miña filla está en Madrí.

Canto tempo fai falta para mudar o xeito de ve-las cousas.

Cantos alcolitos máis hai que plantar ata que se sequen as fontes e todo mundo a pagar.

Cantas balsas, minas a ceo aberto, Altris e Ruñas hai que ter para non ser...

Cantos viraventos hai que soportar para cumplir cos demais e nada con nós.

Nun mundo normal e con estas instalacións no alto do curuto deberiamos ter o Museo do Prado no prado e unha Universidade propia en Lamas de Castelo. Nun mundo normal, levantariaste do sofá e da barra da taberna, darias un golpe na mesa e dirias... ATA AQUI... COÑO!!!

Non me deades esa alegría... non vaia a ser.

PD:

Querido Antonio... algunhas veces a arte deixa de ser inútil para destapar e desocultar as verdades ocultas. Esas verdades interpélannos a todas pois son comúns. A túa imaxe Ruralista vale máis que mil palabras miñas pero esto que escribín contoumo ese poste arrugado e revirado como a vida... pero noble, manténdose en pé para cumplir unha función que él nunca imaxinou. E cumpliuna ben. Cumpliu co RURALISMO.

Aquí neste lugar levei as vacas a pacer, axudei na Ponte de Canedo, xoguei co Tuno que era un cabrito, fixen cabañas na Carballeira, xoguei os medicos no palleiro, fichei polo "carnota", tiven unha cadela dezasete anos, deime tombos no Tombo, aprendín a nadar no Pozo Martiño, boteime unha moza mui guapa, gañei varias carreiras... eu corria muito... e collín varias gripes, a moza deixoume e non rompiu nada, afortunadamente. As primeiras copas na de Rodri, un par de billares, miña nai "tú te drojas hijo mio" e meu pai "embarcado"... na de "Felipe" as seis que había conferencia.

Subidas o Bico do Santo, escapadas as Fontes... subir o Ríu de Rimau, Louredo arriba e misturándose máis abaixo, en Canedo, cas aguas do Vaovello. Baixa por Freán.

Subida veraniega ó Pedregal cos colegas, ascenso polo Vadebois ata a Laxa da Moa... en fin... Agradecido estou.

Estudiar estudiei fóra.. eso fui o pior.

  • Fotografia: Antonio Nodar
  • Texto: Nando Lestón

 

Ruralismo 3.0

 

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

Outras historias de Antonio Nodar

Comentarios