Protocolo
Podería escribilo cunha soa palabra. PROTOCOLO.
Un PROTOCOLO éen sendo unha serie de accións, en principio pensadas, que facilitan a organización dun detrminado asunto no que intervén, polo xeral, diferentes "actores".
No caso dos hospitais, dende médicas a enfermeiras, pasando por auxiliares ou limpeza, todo ten o seu protocolo.
Cando o PROTOCOLO se pon en marcha, nótalo rápidamente e comenzas a ter a sensación de que che moven no hospital dun lado para outro e ti, dentro de ti, só ves un horizonte "plano", coma a raíña que suspira a falta de vida coronaria.
Non é que o diga eu, contoumo un amigo.
"Que veña a IA cagandoleches". Ela polo menos atenderame.
O meu amigo sube a Santiago ao Gil Casares, cunha lesión de certa gravidade para que lla valoraran nas urxencias de dito hospital.
Non é urxente se non ten cita, dixéronlle.
El, claro, retrucou e díxolle que a o seu médico de cabeceira semelláballe importante ter a valoración do especialista.
Que sen cita non se dou. Vese que as urxencias no Gil, son as de VUELVA USTÉ MAÑAANA. PROTOCOLO.
O certo é que o meu amigo ten que volver o xoves a Gil, ca súa urxencia, a ver se desta volta, a urxencia programada, coma se de un parto pijo se tratara, pois se saca algo en limpo.
A IA atenderíao con amabilidade e coñecementos, pensaba eu, pero o certo é que él prefería manter as suas reservas ao respecto, intactas.
O meu amigo subiu setenta quilómetros para estar un minuto no Gil, outro no Universitario e outro, outra vez, no Gil, esta vez para por unha reclamación pero tiña que facela no Universitario así que, co mareo, procediu a conducir a súa frustración e o seu coche de volta para a casa.
A IA está feita por xente... e que xente será esa... pensaba, mirando ao horizonte con cara de pasmao. Reflexionei por un intre o asunto do contido da materia gris da IA, como compensaría a moralidade na toma de decisións médicas. Será intuitiva e trabucarase como fan ás veces na medicina... ou será perfecta e precisa, aínda que non milagreira.
Ten o seu aquel pensar que asumimos a IA como un coñecemento superior e atribuimoslle perfección a algo que está feito por nós. Non sei que nós, pero andan por aí. Os de google, seguro.
É como se tiveramos que estar a altura de algo que é constantemente perfecta, sin aburrirse. Un novio modelo, por exemplo, que ten que ir de festa en festa de promoción e non o ves en toda a nuite.
Din que nas guerras pasan as mellores e piores cousas... eu digo que desonada. Nas guerras só poden pasar malas cousas, pero ata nas beirarrúas medran plantas pisoteadas a diario. Aí vén un can.
A guerra é a posta en escea da contrariedade das persoas. A maldade e a compasión. Non hai dilema. Non se poden abandonar os pobos á sua sorte.
Terá daquela a IA compasión cando a usen nas suas guerras modernas destrozavidas.
"Alcanzará", como termo abstracto do pensamento humano, a adivinar que nós fomos os seus constructores e perdonará...
Polo dagora, o meu amigo humano ten que resolver unha cuestión de saúde e outros humanos dinlle que suba setenta kilómetros, que os baixe de novo e nese paseo ninguén se dignou a decirlle... a ver... ensíname que che pasa... que che urxe tanto... debería ser ese, por riba de todo, o PROTOCOLO. NINGUÉN SE DÁ UN PASEO DE 150 KM ENFRONTÁNDOSE Á NÉBOA DAS PAXAREIRAS, SE A COUSA NON URXE.
Así que unha urxencia xa non é tal cando pode programarse. Mentras tanto...
- O seu médico de cabeceira debería terlle informado.... Non podemos atendelo sen cita previa, vaia o hospital de enfrente a urxencias, alí daránlle cita.
- Pero alí non hai dermatoloxía e eu teño un problema dermatolóxico urxente.
- Pois así é o protocolo.
Cando o meu amigo chega a urxencias do hospital....
Tres horas de espera... un minuto de atención... un cribado que non miraron e un selo oficial no mesmo papel... iso é todo... "volve xoves ás sete da tarde que teño un hoco"... e a túa urxencia xa non será a mesma.. .pode millorar ou empeorar... pero xa non será a mesma.
- Comprenderás que nós non temos a culpa... - iso é o que dí o rapaz de urxencias escorrendo o bulto como pode.
- Entón que estamos facendo ti máis eu aquí xuntos, mirándonos escasamente a os ollos perdendo o tempo das nosas vidas... sen que ti podas facer nada por mín.
- NADA. O PROTOCOLO...
Sen embargo eu sí sei que os que fan o protocolo non o fan pensando no paciente se non neles mesmos. Un vaise de volta para a casa nun percorrido en balde... e o outro cobra a final de mes protocolariamente. Somos todos responsables... xerentes, médicas, enfermeiras, auxiliares, limpadores, cidadáns e todo o que lle de ao rabo... somos responsables porque é así como nos tratamos, é así como deixamos que o Hospital Virxe da Xunqueira teña un aspeuto deplorable e insalubre, cara visible do desleixo e a desafección dos señores que fan os protoCULOS... E DA MESMA POBOACIÓN.
Esa, e non outra é a imaxe que dá, o reflexo dunha sociedade abandonada a sí mesma. Así que, coma sempre, uns pasándose a pelota a outros e a casa sen barrer e sen limpar... dando aspecto de abandono,c omo todas imos facendo ca sanidade pública. ENTRE TODAS LA MATAMOS.
ESO SÍ, BAIXO UN ESTRITO PROTOCOLO. Será a IA?.. OU NÓS.
- Nando Lestón, Artista, pintor e escultor que vive en Carnota.
A VIÑETA DE NANDO LESTÓN
NOVAS RELACIONADAS
- Taller Mar (Movimento Artístico Rural)
- “Cando ti non estás”, a colección de estampas de Caldebarcos que expón Nando Lestón
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- A Boca
- Xa nos vai tocando.
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Letras
- SALVE CARNOTA.
- Entre ideoloxías anda a probe vida
- Ser pintor na Costa-Verdescente da Morte.
- Turismo global. Unha pandemia máis.
- Orxías culinarias.
- ASPAFIN, a Asociación de Pacientes do Finisterrae.
- La grande belleza... y la grande torpeza.
- Limpade... limpade vós.
- Pos-reflexión.
- Matermateria
- Nodar-radón.