“Cando ti non estás”, a colección de estampas de Caldebarcos que expón Nando Lestón

Case dous anos despois da primeira entrega deste proxecto, o artista carnotán, e activo columnista e ilustrador en QPC, Nando Lestón, volve colaborar co Hotel Meiga do Mar, para presentar unha segunda colección de "estampas" de Caldebarcos, Carnota.
Aquela primeira entrega ,en formato postais fotográficas, dá paso cara un formato lámina na que a técnica empregada é a plumilla. A filosofía, porñen, mantense, e amósanos, de novo as imaxes do seu pequeno e Atlántico "mundo aldeán”, polo que se transita emocionalmente en diferentes instantes.
"Ao mellor, o noso visitante se pregunte algunha vez que acontece nese "mundo" cando el ou ela non están. A resposta pode atopala nesas imaxes. Non pasa nada e pasa todo. Apenas a Vida”.
Lestón invita a toda a comarca a pasar polo Hotel Meiga do Mar para ver e desfrutar das "estampas" que por aquel rincón merodean; quizais perciban daquela o que acontece “Cando ti non estás”.
Novas relacionadas
A Viñeta de Nando Lestón
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Letras
- SALVE CARNOTA.
- Entre ideoloxías anda a probe vida
- Ser pintor na Costa-Verdescente da Morte.
- Turismo global. Unha pandemia máis.
- Orxías culinarias.
- ASPAFIN, a Asociación de Pacientes do Finisterrae.
- La grande belleza... y la grande torpeza