Piden a paralización das obras do parque eólico Ruña II

Crécenlle os ananos ao glaciar rochoso da Ruña (Mazaricos). Cando parece inevitable a construción da estación de bombeo, a zona sofre estas semanas as obras do parque eólico “Ruña II”.
Dende ADEGA segura que as obras “poden estar a causar danos sobre o patrimonio natural, particularmente sobre hábitats prioritarios e singulares elementos xeomorfolóxicos relictos do glaciarismo non contemplados na DIA (Declaración de Impacto Ambiental)”.
Lembran a presenza de especes como “matogueira higrófila e turbeiras” arredor do nacemento e a canle do Rego da Ribeiratorta, impactos que foron contemplados na DIA debido ás carencias e omisións na avaliación ambiental deste proxecto.
Vai máis alá ADEGA e denuncia que p parque eólico Ruña II, promovido por “Eurus Desarrolos Renovables, S.L.U.", é outro exemplo de fragmentación irregular, separándoo do "Ruña III", actualmente paralizado cautelarmente polo TSXG, e a súa liña eléctrica de evacuación, en fase de execución.
Así, aADEGA vén de solicitar á D. X. de Patrimonio Natural que, en aplicación do artigo 46 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galiza, se decrete a paralización das obras do parque eólico Ruña II coa fin de preservar os elementos naturais descritos e se inicie un procedemento para a declaración deste espazo (montes e glaciar rochoso da Ruña) como protexido, ben como ampliación da ZEC Carnota-Monte Pindo, ou ben como Monumento Natural ou Paisaxe Protexida.