Un disco de música polo Bosque Encantado do Monte Pindo
Curiosa e fermosa a inciativa da Asociación Monte Pindo Parque Natural. A entidade vén de poñer á venda un disco solidario de música infantil, gravado por 400 nenas e nenos xunto con 12 corais, para recadar fondos que a entidade siga facendo traballos de restauración ecolóxica deste espazo mítico.
O proxecto do CD “O Bosque Encantado” naceu cunha convocatoria aberta e como resultado un disco corido, variado e dinámico, no que se misturan música tradicional, espiritual, versións de música pop e ata composicións inéditas feitas para a ocasión. Da man da produtora Microrec Producciones e do profesorado e das corais participantes, saíu este fermoso proxecto:
Na obra actuaron corais de centros educativos e tamén conxuntos musicais consolidados no xénero coma o Coro Encanto, as Voces Brancas da Polifónica de Bergantiños, o Coro Xuvenil Clave de Sol, Coro Melodías, etc…
Xa vos podedes facer con un na Tenda Monte Pindo.
Novas relacionadas
- Constatan a recuperación do carballo anano e do lirio do Monte Pindo.
- O VI Encontro Monte Pindo coñecerá a Moa baixo as estrelas.
- O Monte Pindo ten máis hábitats prioritarios a protexer que calquera parque natural galego.
- Árbores do CSIC para repoboar o Monte Pindo ao tempo que os escolares acoden ao berro SOS.
- 25-10-13: As temidas escorrentías arrastran ríos de cinsa polo Monte Pindo abaixo.
- 21-10-2013 O Monte Pindo pide Socorro!.
- Apadriña unha árbore no Monte Pindo.
- 21-10-2013: As cinzas do incendio do Monte Pindo xa contaminan o mar.
- 10-10-13: O Monte Pindo sae do Parlamento como entrou.
- 09-10-13: Pallas ao monte.
- 07-10-13: Os berros do Monte Pindo contra os lumes chegan a Compostela.
- 29-09-13: Medio millar de bravos berran en verde por un Monte Pindo Parque Natural.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).