Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As temidas escorrentías arrastran ríos de cinsa polo Monte Pindo abaixo

As temidas escorrentías arrastran ríos de cinsa polo Monte Pindo abaixo

Así caía a auga polas ladeiras do Monte Pindo estes días por mor das chuvias. Auga negra, cas temidas escorrentías arrastranto cinza e cinza do queimado Olimpo Celta. Este vídeo de Ovidio Castro é da banda norte, no Ézaro, pero ollade como amencía hoxe a Berberecheira de Caldebarcos.

A Berberecheira de Caldebarcos tomada pola cinza

O perigo estaba máis que anunciado. A Asociación Monte Pindo Parque Natural xa pediu solucións dende o día 0 ante o caso omiso da Xunta, máis alá das 4 pallas ao monte para intentar protexer o 1% da superficie queimada.

A entidade non vai esperar polas administracións e o 1 de novembro porá a andar o seu propio proxecto de rexeneración SOS Monte Pindo.

As mariscadoras xa traballan na zona

Sen tempo de reacción, as mariscadoras das confrarías do Pindo e de Lira xa se puxero mans á obra. Aseguran que se ben a zona afectada non é moi extensa, a capa si que é preocupante, entre 10 e 20 cm. O procedemento é o de ir recollendo a man a cinsa para deixar limpa a area, na medida do posible.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios