Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As cinzas do incendio do Monte Pindo xa contaminan o mar

As cinzas do incendio do Monte Pindo xa contaminan o mar
As escorrentias arrastraron as cinzas ata o mar-Foto-David Trillo Gallego

Parece que o perigo máis temido unha vez pasado o incendio xa está tendo consecuencias. As escorrentías xeradas polas chuvias arrastran as cinzas de toda a superficie calcinada do Monte Pindo creando unha seria contaminación no mar. Perigaban zonas marisqueiras como a Berberecheira de Caldebarcos, pero tamén zonas de praia como o Ézaro.

Eefectivamente, esta fin de semana puidemos comprobar como as cinzas xa chegaron ao mar e do mar, coas mareas, ata a praia dumbriesa. As imaxes que nos manda David Trillo Gallego non teñen dúbida, e parece que a técnica do "air mulching", xerada precisamente para evitar estas escorrentías, non está tendo demasiado éxito.

As cinzas do incendio do Monte Pindo xa chegaron a praia do Ezaro-Foto-David Trillo Gallego

A Asociación Monte Pindo cumpre tres anos

E en blanco e negro cumple a Asociación Monte Pindo Parque Natural loitando para que o macizo granítico se convirta no primeiro parque natural da Costa da Morte e no sétimo do noso país.

Un longo traballo da asociación, con media ducia de charlas informativas, unha decena de iniciativas de voluntariado para limpar e recuperar camiños abandonados, recollida de toponimia e tradición oral, investigación histórica e patrimonial, a investigación da bioloxía coa creación dun Catálogo de Especies do Monte Pindo que conseguiu inventariar 646 especies antes do incendio, e mesmo grandes Simposium monográficos ou Xornadas de Historia e Patrimonio, e un longo etcétera.

E malia recoñecer que as "relacións coa Xunta están completamente rotas", aseguran que van seguir loitando". Por iso está a preparar un programa de voluntariado a gran escala para recuperar o Olimpo Celta, e vai seguir organizando charlas para que a veciñanza se siga implicando nos proxectos que existen para converter un monte hoxe abandonado nun monte coidado, produtivo e que cree postos de traballo e mellore a calidade de vida.

A seguinte será o próximo sábado 9 de novembro ás 17:00 horas no Colexio do Pindo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios