Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Monte Pindo sae do Parlamento como entrou

O Monte Pindo sae do Parlamento como entrou
Ana Ponton do BNG e Marisol Pineiro do PP falando do Minte Pindo no Parlamento

Nunha está de máis ser o centro do debate. Nunca está de máis que todos os responsables políticos do país teñan que escoitar falar e discutir sobre o Monte Pindo. Pero hoxe, xoves 10 de outubro de 2013, o Olimpo Celta non sacou nada en limpo.

O BNG levaba unha proposta para declarar zona catastrófica e Parque Natural o Pindo. Pero o PP, cos seus votos, desestimou a iniciativa.

Proposta do BNG

A deputada do BNG Ana Pontón reclamou ademais elaborar un plan urxente de restauración medioambiental con dotación económica. Neste sentido asegurou que a Xunta pode activar fondos destinados a paliar os danos nos lugares onde se produciu o incendio e poñer en marcha un plan de recuperación máis alá do air-mulching. “Danlle vostedes as costas aos veciños e veciñas de Carnota”, criticou ao grupo de goberno, do que tamén dixo que “non están a favor das políticas de conservación”.

Resposta do PP

Pola súa parte, a portavoz popular, María Soledad Piñeiro insistiu en que non é a primeira vez que o Monte Pindo arde, que de feito ela o sufrira nas súas propias carnes, e que a Xunta tomou todas as medidas necesarias ademais de considerar que "o monte ardería igual aínda que contara coa declaración de Parque Natural".

Marisol Piñeiro deu volta a trás e denunciou que o BNG “vén a solicitar agora o que eles non fixeron no incendio do 2005 e que o Goberno actual da Xunta de Galicia xa fixo dende o primeiro minuto”. Así indicou que “naquela ocasión, sendo o alcalde de BNG, o tenente alcalde do PSOE e na Xunta gobernando ambos partidos gustaríanos saber porque ninguén pensou daquela en solicitar a declaración de zona catastrófica como piden agora”.

Para a deputada do PPdeG comparativamente a xestión do incendio do 2005 sale moi mal parada “agora se decretou o nivel 1 dende o primeiro momento, houbo técnicos sobre o terreo ao día seguinte, e en menos dunha semana se actuou coordinadamente en labores de prevención de riscos derivados das chuvias”.

Ao respecto da petición da declaración do Monte Pindo como parque natural, a deputada do PPdeG pediulles aos nacionalistas galegos que “deixen de xogar coa conciencia medioambiental da xente e deixen de utilizar o Monte para poñerse medallas, saben que tería ardido igual e as consecuencias de tal declaración o cargarían tan só os veciños no seu patrimonio”. “Os veciños son maiores de idade e saben perfectamente o que queren para eles e para o seu territorio” indicou Marisol Piñeiro.

O Monte Pindo no Parlamento en vídeo

Deixamos varios vídeos das comparecencias, grabadas no Parlamento, que sobe o BNG á rede:

Ana Pontón do BNG explica a iniciativa:

Marisol Piñeiro, do PP, explica porque vota en contra:

Ana Pontón volve falar:

Novas sobre incendios

Fonte

Comentarios