Sábado. 11.07.2020
El tiempo

Un gran castelo chamado Monte Pindo

Un gran castelo chamado Monte Pindo

Seguen sendo un misterio. Todas esas pedras facendo murallas que aparece aquí e acolá polo Monte Pindo continúa provocando moitas dúbidas. Xa vimos a visión de Manuel Gago sobre os 3 castelos e unha gran fortaleza amuralladas. E dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural, empeñados en seguir rescatando tesouros do Olimpo Celta, continúa buscando explicacións.

Unha das últimas hipóteses que se prantexan dende a entidade, baseándose nos escritos do bispo e historiador hispano-romano Idácio no século V. Conta que un dos seguros montes eran onde os nosos antepasados suevos subían a refuxiarse en caso de ameazas pode ser este. Así o entende o mellor comunicador cultural do país e amante da arqueoloxía Manuel Gago, co que xa temos falado.

Gago entende que arredor dos séculos V e VI, o cumio do Monte Pindo estivo completamente amurallado, aproveitando os seus peñascos naturais e pechando dez hectáreas con ciclópeos muros de granito nos seus pasos.

Dende a asociación costeira recoñecen que "é difícil acreditar taxativamente na vericidade de todos estes interrogantes, máis sen dúbida agardamos que atraia a atención de especialistas de todas as disciplinas da investigación, pois este trataríase dun descubrimento que sen dúbida revolucionaría a nosa Historia, para pasar a contala desde o punto de vista do pobo, dos labregos e mariñeiros que residiron nas nosas poboacións centos e miles de anos atrás".

Unha viaxe pola historia con Manuel Gago

Non perdades ollo desta exposición de Manuel Gago para o TEDxGalicia, unha verdadeira experiencia no tempo:

Novas relacionadas

Máis novas

Outras novas

Fonte

comentarios