O VII Simposium Monte Pindo redescubrirá a literatura do Olimpo Celta

18:15 28/05/23
A Asociación Monte Pindo Parque Natural organiza o VII Simposium Monte Pindo, subtitulado "O Monte Pindo na literatura", que o vindeiro sábado 3 de xuño reflexionará encol da literatura que ao longo dos séculos, tamén nos últimos anos, se ten escrito arredor do Olimpo Celta.
Teremos grandes ponencias de clásicos, pero tamén de novas creadoras arredor do noso monte granítico.
Será coma sempre no Pósito do Pindo, gracias á colaboración da Confraría.
A asistencia coma sempre é libre e gratuíta.
PROGRAMA
- 10:30 Presentación da man de Xilberto Caamaño Beiro, Presidente da Asociación Monte Pindo
- 10:45 Palestra de Juan Ramón Vidal Romaní: A Lito-literatura do Pindo: unha biblioteca de 300 millóns de anos
- 11:30 Palestra de Mª Esther Barreiro Fernández: Monte Pindo e as terras de Carnota na obra de José Barreiro Barral
- 12:15 Descanso
- 12:45 Palestra de Francisco X. Fernández Naval: As fontes do Pedregal
- 13:30 Coloquio
- 14:00 Xantar
- 16:30 Palestra de Guadalupe Vázquez Formoso: Monte Pindo: a máxia inspiradora
- 17:15 Palestra de Laura Suárez: Descubrindo o Monte Pindo na man da literatura infantil galega
- 18:00 Coloquio
- 18:30 Clausura