Volve a Romaría Fetén
Tiveron que aprazar a festa a pasada fin de semana por mor da chuvia. Pero por Caldebarcos non pasan sen troula nin de coña. Volve a Romaría dos Muíños, a romaría fetén. Este sábado 11 de xuño, no Camiño de San Cibrán, alí, ao carón dos Muíños de Vadevois, os veciños carnotáns poderán disfrutar dunha das romarías mñais auténticas da comarca, a Romaría dos Muíños, no Rego de Amil.
Este ano vai ser ademais unha homenaxe a Elisa da Fabriqueira.
Hai de todo, nesta romaría, camiñada, gastronomía (ollo as esas chulas e as papas de millo da picheleira Encarna), paseos a cabalo,música, regueifa e moitas risas. Pedras Miúdas, Pepe Penababade, María do Cló… Unha marea de artistas nesta cita artellada pola Comunidade de Montes de Caldebarcos e San Cibrán e a AVV Xurde Caldebarcos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).