O pequeno cantante carnotán Xurxo Trillo volve a La Voz Kids de Telecinco

08:35 20/02/14

Hoxe xoves 20 de febreiro, por fin veremos a Xurxo Trillo en todo o seu esplendor, lucindo voz no programa de Telecinco "La voz kids". Xa o viramos no 2010, pero este rapaz non se conforma con nada!
Este alumno da escola municipal de Música de Carnota participará na primeira parte do espectáculo e a familia e a cadea de televisión non nos dan máis datos.
Todo é unha intriga, así que... non nos podemos despegar da tele para velo en plena acción e ver si algún dos "coach" se dan a volta, e si non o fan, xa ben paga a pena por todo o vivido, por todos os castings superados e por unha experiencia máis.
Todo o pobo de Carnota e os teus amigos e compañeiros da ESMU de Carnota mándancheo meirande dos ánimos!!
Novas relacionadas
- 2010: O neno cantante de Lira participará nun programa de Telecinco.
- Iria Quintáns volve representar á Costa nos Recantos do Luar.
- A TVG bota unhas risas ca retranca bergantiñá.
- Iria Quintáns, de Mazaricos ao Luar.
- “As Cantareiras de Ardebullo naceron sendo de Verdillo”.
- A Costa da Morte invade a tele.
- Unhas preguntas con Iria Bermúdez, a cantante de Mazaricos que esta noite asalta o Luar.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).