200 membros da granadina Obra Social Padre Manjón de Granada tamén gozaron do Camiño


Son milleiros as historias de peregrinos que percorren o Camiño e chegan e disfrutan da nosa Costa. Hoxe contamos a historia dun grupo de case 200 persoas da Obra Social Padre Manjón, con sede na cidade andaluza de Granada, que pecharán o seu Camiño en plena Semana Santa en Fisterra. Un grupo interxeracional que valorou positivamente a experiencia vivida estes días así como a beleza dos lugares da Costa da Morte e do resto do Camiño de Santiago que puideron percorrer.
O grupo andaluz chegaba onte a Fisterra, logo de comezar o Camiño de Santiago o pasado día 24 e de percorrer as etapas Compostela-Negreira, Negreira-Olveiroa e Olveiroa-Corcubión. Na vila fisterrá permanecerán dous días antes de emprender rumbo a pé a Muxía para regresar a continuación a Granada.

Brigantia Viaxes encargouse de xestionar os aloxamentos nos que se hospedan en Fisterra, destacando a importancia de colaborar en iniciativas como esta para atraer visitantes a Fisterra durante todo o ano, tratando de combater deste xeito a estacionalidade turística e de contribuír ao progreso económico da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC.
- Brigantia Viaxes.