mércores. 30.04.2025
El tiempo

40 pequenos de Cee comezan o verán a vela

40 pequenos de Cee comezan o verán a vela
Pequenos Grumetes de Cee a piques de saltar ao mar

Aí están, os pequenos grumetes de Cee comezando un verán pegado ao mar. Onte tiña lugar o primeiro día da Campaña de Vela, na que participarán total de 40 rapaces que aprenderán os conceptos básicos teóricos e prácticos deste deporte marítimo. E aproveitou o presidente da Deputación, Diego Calvo, para vir sacar unha foto coas dúas embarcaciós doadas pola entidade.

Os embarcacións tipo Optimist están adaptados e pensados para a iniciación á vela de rapaces, xa que están caracterizadas por unha construción que permite competir, á vez que outorga unha gran estabilidade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios