Luns. 09.09.2024
El tiempo

5 concellos seguen pendentes das negociacións para posibles pactos

5 concellos seguen pendentes das negociacións para posibles pactos
Posible mapa electoral despois dos pactos na Costa da Morte 2015

Vanse perfilando os plenos municipais de cara ao sábado 13 de xuño, o día tope para constituír os gobernos, cando terá lugar a meirande parte dos plenos de investidura. Onte sabiamos que en Ponteceso APIN-SON e BNG apoiarán o goberno do PSOE, pero aínda quedan outros 7 concellos pendentes de posibles pactos ou de gobernos en minoría.

Despois dunha semana e pico das eleccións, e a algo de menos de dúas semanas da formación, facemos un novo repaso concello a concello.

En todo caso, hai concellos nos que parece que a partida xa está xogada, como en Corcubion, onde un pacto parece unha quimera e o máis seguro é que o PSOE goberne en minoría con Lalo Insua como alcalde; ou en Fisterra, onde o pacto entre PSOE e BNG está máis que asinado.

Que pasará en Cee

“En Cee pode pasar calquera, e seguro que ata o mesmo día do pleno de investidura, ata esa mañá, non saberemos nada”. Así recoñecen os propios protagonistas como está a cousa no Concello de Cee. Con IxCee con 5 concelleiros, e PP con 4, danse moitas conxeturas tendo en conta que PSdG (2 edís), Ciudadanos (1) e BNG (1) poderían formar un pacto.

Pero tanto Margarita Lamela do PSOE e Serxio Domínguez do BNG seguen afirmando que se votarán a si mesmos no pleno de investidura polo que o máis probable é que Ramón Vigo volva a ocupar o posto de alcalde, en minoría.

Coristanco, primeira reunión a tres

Xa tivo lugar durante a tarde do pasado sábado, a primeira reunión entre os 3 candidatos que poderían formar goberno. Amancio Lavandeira (TEGA), Abraham Gerpe (PSOE) e Laura Mariño (BNG) reuníronse sendo o primeiro, como candidato da forza máis votada e como posible alcalde, o que levou a primeira voz. Lavandeira pide un goberno tripartito, de estabilidade, mentres os outros dous grupos aínda non se decidiron de todo.

Parece que non haberá problemas na investidura e que Lavandeira será novo alcalde pero non teñen claro BNG e PSOE se formarán goberno. A Asemblea do BNG xa manifestou “o seu acordo unánime a que o próximo 13 de xuño se confirme o cambio no goberno municipal” mentres Abraham Gerpe aínda ten que xuntarse ca executiva para decidirse pero a vontade é clara.

Poderíase resumir do seguinte xeito: “Os contactos coas outras forzas políticas están aínda en fase embrionaria, pero "queda moito que rozar". Hai vontade, cando menos iso parece, pero polo de agora non se dá nada por feito e aínda hai que entrar no detalle.

Laxe

Poucos movementos en Laxe para conformar goberno. O edil que conseguíu o BNG é clave para conformar goberno, e parece que un pacto co PSOE permitiría que Mouzo Castiñeira continuase o legado do retirado Antón Carracedo.

En Santa Comba

En Santa Comba, tócalle ao PSOE, a forza máis votada, establecer contactos para conseguir un pacto de goberno. Se ben Ucha Velo ten claro que a única posibilidade de pacto de goberno é con TG, e non se prantexa pactar co PP nin formalmente. Toca pois estes días manter unha reunión con Terra Galega. “É a cousa máis natural. Sería raro que non chegásemos a un acordo de gobernabilidade tras 8 anos de oposición case conxunta”, sinala un Ucha Velo que así e todo non as ten todas contigo, pois xa hai que manexa na vila xalleira que podería haber mesmo un pacto de goberno entre TEGA e PP onde ata o PP entregaría a alcaldía a Chisco Ameijeiras. Pero esto só son conxeturas.

En Muros, cada un na súa postura

Se en Santa Comba a chave do goberno a ten TEGA, en Muros é de Compromiso por Galicia, que ten dúas opcións, pactar co PSOE (que sería o máis natural, segundo entenden) pero se renuncia a actual alcaldesa Caridad González coa que a relación é moi mala, ou mesmo pactan co PP, algo que sería máis incoherente coas ideas políticas, pero non se descarta debido á que a relación coa candidata Inés Monteagudo é bastante normal.

O pasado sábado CxG reuníase cas súa bases, e agora están a espera de movementos.

Novas relacionadas

Fonte

Fonte

Comentarios