50 anos do turismo rural na Costa da Morte
12:32 25/07/19
Este pasado domingo 21 de xullo de 2019 cumpríanse 50 anos desta foto. Son os primeiros turistas que pernoctaron en Casa Raúl, unha das dúas casas de Lires que se adheriron en 1968 do programa do Ministerio de Turismo chamado Vacacións en Casas de Labranza, xerme do actual turismo rural.
Así, nesta imaxe de hai medio século aparece Raúl Areas levando no carro das vacas (as rúas de Lires eran intransitables para coches) aos primeiros turistas que se aloxaron en Casa Raúl.
Dende entón, tanto Raúl como María do Carme; como Raúl e Teresa, así como Rosalía Areas, conforman as tres xeracións da familia á fronte desta histórica casa de turismo ao longo de todo este tempo.
Casa Raúl na actualidade