Luns. 07.10.2024
El tiempo

#8M: Cee acolleu unha combativa e festexeira manifestación comarcal

Manifestacion 8M de Cee-Foto-Paula Castineira 1200 copia
Manifestacion 8M de Cee-Foto-Paula Castiñeira
#8M: Cee acolleu unha combativa e festexeira manifestación comarcal

Despois dos vistosos actos en Carnota e Vimianzo, parece que o sol estaba esperando á manifestación comarcal deste domingo 8 de marzo en Cee. Unha vila da Xunqueira que se refrenda como un dos fortes nexos de unión, que vincula o norte e o sur da comarca. Centos de mulleres uníronse na marcha viva, chea de forza e festa.

O Manifesto “Sen coidados non hai vida”, lido de xeito compartido polos 4 colectivos da comarca (Sonlilá, Buserana, Círculo Feminista e Curandeiras uníronse na organización facendo agromar a semente posta naquela Tertulia Violeta de novembro na radiONeria con QPC) deron conta da importancia de poñer en valor todas tarefas invisibles que fan todas as mulleres da nosa sociedade.

“Machista, escoita, estamos en loita”, “Feminismo para adiante, machismo para atrás”, “tócannos a todas se tocan a unha” ou “Soa, borracha, quero chegar a casa”…en clave tamborileira, foron algunhas das premisas das coplas.

 Manifestacion 8M de Cee-Foto-Paula Castineira 5Manifestacion 8M de Cee-Foto-Paula CastineiraCIG Mulleres na Manifestacion 8M de Cee-Foto-Paula CastineiraAs guerreiras lilas da Costa da Morte descansandoManifestacion 8M de Cee-Foto-Paula Castineira 3

Buserana ana Manifestacion 8M de Cee-Foto-Paula CastineiraMarta das Curandeiras de Vimianzo no 8M de Cee-Foto-Paula CastineiraMulleresna Manifestacion 8M de Cee-Foto-Paula CastineiraSonlila na Manifestacion 8M de Cee-Foto-Paula Castineira

Manifestacion 8M de Cee-Foto-Paula Castineira 6
Fotos de Paula Castiñeira

Novas 8M

Comentarios