A ceense Ainhoa Conde, a mellor nota do curso en toda Galicia


A pesar da súa corta idade, xa é toda unha veterana recibindo premios. Non só a nivel local, como o primeiro premio do Concurso Literario da Biblioteca Francisco Mayán. Se non tamén a nivel galego co primeiro premio do “Concurso Novos talentos de relato curto en língua galega”, o concurso de novos talentos de Coca-Cola.
Esta pequena rapaza ceense chamada Ainhoa Conde Castro, alumna de 1º da ESO do IES Agra Raíces, acaba de ser premiada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, como gañadora dun dos premios extraordinarios 2013, que se outorgan ao mellor expediente académico de toda a ESO con notas de Sobresaliente.
Así no lo conta, dende o orgullo, a ANPA do centro ceense, que recorda que este premio quedará reflectido no Expediente Académico da alumna. "É moi importante para esta ANPA que un alumno deste IES consiga un premio destas características onde participan unha gran cantidade de alumnos", apuntaron con ledicia.
Novas relacionadas
- A literatura costeira ten canteira: Ainhoa Conde Castro a gañadora Provincial e Autonómica.
- Cee entregou os seus premios culturais aos escolares.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).