Martes. 30.04.2024
El tiempo

A choiva non impide que Lires recupere a esencia da tradición

A choiva non impide que Lires recupere a esencia da tradición

A pesares de que por segundo ano consecutivo a choiva non dou moita tregua, A II Xuntanza Folk de Lires foi, de novo, un éxito de participación, de recuperación etnográfica, e de festa.

Sábado noite, festa folk

A Xuntanza máis festexeira celebrouse o sábado. Pavillón e carpa fixeron posible disfrutar dunha boa festa. Foron as pandereteiras e gaiteiros de Lires quen arrancaron a noite, para dar paso ao grupo ferrolán Alén de Ancos. A banda, formada por catro componentes (teclado, guitarra, percusion e gaita) fixeron unha pequena fusión de folk galego, irlandés e algunha peza asturiana, cun repetorio variado e ben interpretado que se cadra a xente non acabou de entender.

A festa chegou a súa cúspide coa actuación da Banda da Balbina, que xa deixaran claro como a lían o ano pasado na Festa Folk na fin do Camiño. Sinxenlamente "formidables", aseguran. Tan pronto subiron o escenario comezo a festa de verdade, boa música e excelente posta en escena cunha Balbina que fixo rir, bailar e pasalo ben ate o último dos que estaban alí.

Finalmente cerrou a noite o grupo fisterrán A crus de Baixar, que a pesares da hora e do cansancio consegueu que o público lograron que a xente non parase de cantar e aplaudir.

O domingo, mañá de tradición

Xa o domingo e por fin, con algo de sol, por terceiro ano consecutivo, poidemos ver a tradicional Danza de Arcos durante a procesión, danza esquecida durante moitos anos e recuperada pola asociación.

Pola tade, e con gran acollida de público puideron disfrutar en Riba das Cregas dos bailes máis tradicionais. Na música os gaiteiros da parroquia, e ao baile tamén o grupo local, puidemos ver muiñeiras, xotas, etc, pero sobre todo a Danza das Patelas por segundo ano consecutivo, danza abandonada dende finais dos 60 e recuperada o ano pasado, non sen grandes esforzos.

Dende a Asociación Pedras Miúdas de Lires, que quedaron "contetísimos" tralo éxito da cita, xa están pensando na vindeira edición, para a que contan cun bo tempo...

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios